Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia.
70%
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas.
Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos que haberá que resolver. Os alumnos deben responder á actividade suscitada aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia.
20 %
Traballos e proxectos
O estudante presenta, de forma oral ou escrita, o resultado obtido na elaboración dun documento sobre algún dos temas da materia, podendo tratarse tamén do resumo dalgunha lectura de especial interese para a mellora dos coñecementos dos alumnos.
10
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os alumnos que non podas ser avaliados segundo as metoloxías descritas, en todo caso, terán dereito a facer un exame final. A puntuación obtida nesta proba representará o 100% da calificación tanto en primeira como en segunda convocatoria.
Os alumnos calificados como non aptos na primeira convocatoria, realizarán en segunda convocatoria un exame final escrito de resposta longa. A avaliación desta proba representará entre o 70% e o 100% da puntuación dependendo dos resultados obtidos polo alumno nas outras metodoloxías previstas: probas prácticas e traballos e proxectos.
Na segunda convocatoria, o sistema de avaliación
consistirá nunha proba de resposta longa cuxa cualificación será
equivalente ao 80% da nota final, que se complementará con 20% restante
proporcionado pola valoración dun traballo escrito realizado polo alumno
sobre un tema proposto polo docente.