Guia docente 2009_10
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito constitucional I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación, análise e resolución de exercicios prácticos relacionados coa temática da materia. Esta actividade realizarase de forma autónoma por parte do alumnado.
Traballos de aula O alumno realiza traballos prácticos na aula baixo as directrices e a supervisión do profesor.
Titoría en grupo Reunións que o alumno mantén co profesor da materia para recibir asesoramento sobre o desenvolvemento daquelas actividades que o estudante debe realizar de forma autónoma, e para expoñer as dúbidas que sobre a materia obxecto de estudo se lle poidan presentar no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Estudo de casos/análises de situacións Lectura e análise de documentos xurídicos ou casos prácticos reais, coa finalidade de que o alumno complete coñecementos, reflexione sobre o particular, e interprete e xere as hipóteses que considere oportunas.
Traballos tutelados Actividade autónoma do estudante que, de forma individual ou en grupo, elabora un traballo escrito sobre algún tema da materia que o docente considera que debe ser obxecto dun estudo pormenorizado ou sobre algunha lectura indicada previamente por este. Os estudantes adquirirán pericia na busca de información, na redacción de documentos e na lectura e o manexo de bibliografía.
Sesión maxistral Exposición por parte do docente dos contidos referentes á materia obxecto de estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000