Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional I
   Contidos
Tema Subtema
1.- Teoría do Estado e Introdución ao Constitucionalismo. Concepto e elementos do Estado. A súa evolución. Orixes do constitucionalismo. Conceptos de Constitución. Poder constituínte e orixe da Constitución. Definición, natureza e contido do Dereito Constitucional.
2.- O constitucionalismo histórico español. A transición á Democracia. A Constitución española de 1978. Os textos constitucionais do século XIX. A Constitución de 193. A ditadura de Franco. A Transición. Elaboración e aprobación da Constitución española de 1978. Trazos fundamentais do texto constitucional.
3. - A Constitución española de 1978: O Texto constitucional. Os valores e principios fundamentais da Constitución.
Estrutura e contido da Constitución. O Preámbulo da Constitución e o Título Preliminar. - Os principios ordenadores do réxime constitucional español. - O Estado social e democrático de Dereito. O Estado comunitario.
4.- A Constitución como norma xurídica suprema. As garantías da Constitución. A Constitución e o ordenamento xurídico. As fontes do Dereito. Rixidez e control de constitucionalidade. Breve referencia Tribunal Constitucional. O sistema constitucional de produción do Dereito e os seus principios articuladores. Fontes do Dereito: Os Tratados Internacionais. O Dereito da Unión Europea. Estatutos de Autonomía. A Lei e tipos de leis. Normas con rango de lei. A lexislación delegada. Outras
5.- A democracia representativa
A representación. - O sistema electoral. - Os institutos de democracia semi-directa. - Os partidos políticos.
6.- Os poderes constitucionais do Estado e os órganos constitucionais (I): a división de poderes.
A división de poderes: lexislativo, executivo, xudicial. A Xefatura do Estado: a Coroa. A Monarquía parlamentaria.

7.- Os poderes constitucionais do Estado e os órganos constitucionais (II): As Cortes Xerais.
A autonomía das Cámaras. - O bicameralismo imperfecto: o Congreso dos Deputados e o Senado. - O estatuto xurídico dos parlamentarios. - Estrutura, organización e funcionamento das Cortes. - As funcións das Cortes. - Órganos auxiliares das Cortes Xerais: o Tribunal de Contas e o Valedor do pobo.
8.- Os poderes e órganos constitucionais do Estado (III): O Poder Executivo O Goberno no sistema constitucional. - Composición, estrutura e funcionamento. - A figura do Presidente do Goberno. - As funcións do Goberno. - A Administración Pública. - O Consello de Estado.
9. -Os poderes e órganos constitucionais do Estado (IV): o Poder Xudicial
Principios constitucionais do Poder Xudicial. - A organización xudicial. - O Consello Xeral do Poder Xudicial. - A participación cidadá na Administración de Xustiza. - O Ministerio Fiscal.
10.- A organización territorial do Estado.
Os principios xerais da organización territorial do Estado. - O Estado autonómico. - As Comunidades Autónomas e a súa organización institucional. - Os Estatutos de Autonomía. - A repartición de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. - As relacións entre o Estado e as Comunidades Autónomas.
11.- O Estatuto de Autonomía de Galicia
Antecedentes históricos da autonomía galega. - A estrutura do Estatuto de Autonomía. - Institucións políticas da Comunidade Autónoma. - Competencias. - A reforma do Estatuto.
12.- A Constitución Económica
A Constitución española e o sistema económico. A cláusula social. Economía e Facenda. A Unión Europea. O novo artigo 135CE.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000