Prácticum, Practicas externas e clínicas |
Valoración polo titor/a profesional da aplicación polo alumno/a de os seus coñecementos teóricos á realidade práctica, da súa capacidade de traballo, actitude e sentido crítico, da regularidade no seguimento das prácticas, así como do seu comportamento ético e profesional. |
80 |
|
B4 B5 B7 B8
|
C2 C3 C5 C6
|
D3 D6 D7
|
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Elaboración dunha memoria ou informe por parte do alumnado no que se reflictan as características do traballo realizado. Os estudantes deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos durante o período de prácticas, así como os resultados obtidos, incluíndo unha valoración persoal dos mesmos. |
20 |
|
B5 B8
|
C5 C6 C9
|
D3 D6
|
Para poder superar a materia, o/a alumno/a terá que ter feito, de modo efectivo, alomenos, 480 horas de prácticas; e superar as dúas partes da avaliación: a valoración polo titor/a profesional e a memoria de prácticas por parte do estudante. É dicir, na valoración polo titor/a profesional, terá que obter polo menos un 4 sobre 8; e, na memoria de prácticas por parte do estudante, un 1 sobre 2. Ver artigo 18 do Regulamento de Prácticas Académicas Externas do Estudantado da Universidade de Vigo. O sistema de avaliación descrito será aplicable en todas as convocatorias de avaliación. As datas de entrega dos informes do titor profesional e da Memoria de prácticas por parte do estudante será a aprobada pola Comisión Académica do Máster e publicarase oportunamente na web do Máster. |