Código |
Descrición |
B1 |
CON-01 Recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á investigación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento. |
B4 |
CON-04 Recoñecer as situacións de conflito de intereses que poden producirse na práctica profesional. |
B5 |
CON-05 Identificar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes en cada situación e contexto. |
B7 |
CON-07 Determinar a instancia administrativa ou xurisdicional e a acción ou actuación procedentes para a defensa dos dereitos dos clientes. |
B8 |
CON-08 Recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e ante os órganos xurisdicionais. |
B9 |
CON-09 Identificar os actos xurídicos que requiran, para a súa eficacia, da intervención notarial e os que necesitan inscrición rexistral. |
C1 |
HAB-01 Aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. |
C2 |
HAB-02 Empregar convenientemente os métodos alternativos á vía xurisdicional para a resolución de conflitos xurídicos. |
C3 |
HAB-03 Realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso. |
C5 |
HAB-05 Aplicar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes a cada situación e contexto, establecer o alcance do segredo profesional e preservar a independencia de criterio. |
C6 |
HAB-06 Utilizar os procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais, que requiran os actos de comunicación e cooperación coa Administración de Xustiza con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática. |
C9 |
HAB-09 Desenvolver traballos profesionais en equipos especializados e interdisciplinares. |
D1 |
COMP-01 Coñecer e utilizar de forma axustada o dereito á defensa e a postulación procesual dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais. |
D2 |
COMP-02 Coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nas distintas ordes xurisdicionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de constrinximento. |
D3 |
COMP-03 Incorporar os dereitos e deberes deontolóxicos da persoa que exerce a avogacía ou a procura nas relacións con clientes, outras partes, tribunais, autoridades e outros profesionais. |
D6 |
COMP-06 Expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedementais. |
D7 |
COMP-07 Interactuar de forma apropiada cos/as cidadáns/as, institucións e outras persoas profesionais. |