• CON-04 Recoñecer as situacións de conflito de intereses que poden producirse na práctica profesional.
• CON-05 Identificar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes en cada situación e contexto.
• CON-07 Determinar a instancia administrativa ou xurisdicional e a acción ou actuación procedentes para a defensa dos dereitos dos clientes.
• CON-08 Recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e ante os órganos xurisdicionais.
• CON-09 Identificar os actos xurídicos que requiran, para a súa eficacia, da intervención notarial e os que necesitan inscrición rexistral.
• HAB-02 Empregar convenientemente os métodos alternativos á vía xurisdicional para a resolución de conflitos xurídicos.
• HAB-03 Realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso.
• HAB-05 Aplicar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes a cada situación e contexto, establecer o alcance do segredo profesional e preservar a independencia de criterio.
• HAB-06 Utilizar os procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais, que requiran os actos de comunicación e cooperación coa Administración de Xustiza con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática.
• HAB-09 Desenvolver traballos profesionais en equipos especializados e interdisciplinares.
• COMP-03 Incorporar os dereitos e deberes deontolóxicos da persoa que exerce a avogacía ou a procura nas relacións con clientes, outras partes, tribunais, autoridades e outros profesionais.
• COMP-06 Expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedementais.
• COMP-07 Interactuar de forma apropiada cos/as cidadáns/as, institucións e outras persoas profesionais. |
|
B4 B5 B7 B8 B9
|
C2 C3 C5 C6 C9
|
D3 D6 D7
|