Guia docente 2026_27
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Pontevedra
 Materias
  Práctica Laboral e de Seguridade Social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Avaliarase a participación activa dos alumnos/as nos seminarios. 20 B2
B6
C1
C2
D2
Exame de preguntas obxectivas Ao final do período de docencia presencial ou durante o mesmo poderán facerse unha ou varias probas tipo test. 40 B1
B3
B6
C1
C2
C3
C4
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao final do período de docencia presencial farase unha proba escrita que consistirá na resolución dun ou máis casos prácticos. 40 B1
B2
B3
B6
C1
C2
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito a ser avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumnado deberá asistir, cando menos, a un 75% das clases presenciais.

- Primeira oportunidade de exame: 1.- Os/as alumnos/as que se someten a avaliación continua serán avaliados/as conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa ao estudo de casos (40%). A proba tipo test e a proba práctica relativa ao estudo de casos se farán en datas diferentes. EN TODO CASO, PARA QUE AS CUALIFICACIÓNS OBTIDAS NO RESULTADO DA AVALIACIÓN CONTINUA E NA PROBA PRÁCTICA RELATIVA AO ESTUDO DE CASOS POIDAN SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME FINAL DE PREGUNTAS TIPO TEST, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 PUNTOS SOBRE 10 NESTE TEST. DE NON OBTERSE UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.

2.- Para os/as alumnos/as que non se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos/as do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame nun exame teórico de entre 3 e 4 preguntas de desenvolvemento que supón un 70% da nota final, e un exame práctico que supón un 30% da nota final.

- Segunda oportunidade de exame: 1.- No exame de xullo os/as alumnos/as que se sometesen ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtivesen no curso. 2.- Para os/as alumnos/as que non se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos/as do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame final e unha proba que permita avaliar a adquisición de competencias, nas mesmas condicións que os/as estudantes que se acollen ao sistema de avaliación continua. Neste caso, a avaliación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame nun exame teórico de entre 3 e 4 preguntas de desenvolvemento que supón un 70% da nota final, e un exame práctico que supón un 30% da nota final.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000