Para ter dereito a ser avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumno deberá asistir, polo menos, a un 75% das
clases presenciais. - Primeira oportunidade de exame: 1. - Os alumnos que se sometan a avaliación continua serán avaliados conforme aos
criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa
ao estudo de casos (40%). 2. - Para os alumnos que non se sometan a avaliación continua, ou que queden excluídos do
devandito sistema, a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame final, que
consistirá nunha proba teórico-práctica. - Segunda oportunidade de exame: 1. - No exame da convocatoria extraordinaria de xullo (segunda oportunidade) o alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua poderá conservar a nota obtida nas partes da avaliación que tivesen superadas. 2. - Para o alumnado que non se someta a avaliación continua, ou que quede excluído do devandito sistema, a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame
final, que consistirá nunha proba teórico-práctica. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Comisión Académica. |