Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía-Pontevedra
 Materias extracurriculares
  Práctica Civil I
   Plan de Continxencias
 
Descrición

No caso en que sexa necesaria la suspensión das sesións presenciais do Master coma consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19, as metodoloxías docentes que se utilizarán, tanto para a docencia teórica como práctica, son:

- FAITIC e correo electrónico: o profesorado da materia proporciona ó alumnado, a través desta plataforma de teledocencia ou do correo electrónico, diverso tipo de materiais (presentación, esquemas, casos prácticos, exercicios, lecturas recomendadas, etc.) que lles permitan preparar os contidos correspondentes. A través destes mesmos medios o alumnado tamén pode realizar ou entregar os exercicios e actividades que lles sexan requiridos.

- AULAS VIRTUAIS: A través das aulas virtuais do Campus Remoto da Universidade de Vigo, o profesorado impartirá seminarios de xeito análogo á docencia presencial, polo que se dedicarán, fundamentalmente, ao estudo de casos e debate de conclusións. Iso se complementará co traballo autónomo que o alumnado debe dedicar á preparación destes casos.

A impartición destes seminarios será comunicada oportunamente ó alumnado e adaptarase ás datas e horarios que estaban fixados no cronograma da materia.


Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

O profesorado atenderá ó alumnado de forma personalizada aos efectos de aclarar dúbidas ou compartir impresións sobre os contidos da materia ou outras cuestións de carácter académico. Estas titorías desenvolveranse fundamentalmente a través de correo electrónico. De ser o caso, tamén se poderán realizar titorías colectivas a través das aulas virtuais.


Adaptación da avaliación á docencia non presencial


Co fin de alterar o menos posible o sistema de avaliación que estaba previsto na guía docente da materia, o sistema de avaliación será o seguinte:

- Resultado da avaliación continua, que representará o 20% da nota final. Neste apartado valorarase a asistencia e participación en clase do alumnado ata a data de suspensión da docencia presencial, así coma a realización e entrega das actividades avaliables encargadas polo profesorado (exercicios, respostas a cuestionarios, casos prácticos, etc.).

- Test teórico-práctico, que representará o 40% da nota final. Esta proba test realizarase de xeito virtual, a través da plataforma Faitic, na data e hora prevista nos horarios da materia.

- Resolución dun suposto práctico, que representará o 40% da nota final. Esta proba tamén se realizará na data e hora prevista nos horarios da materia e consistirá na resolución nun tempo limitado dun suposto práctico que se lle fará chegar ó alumnado a través da plataforma Faitic; e que una vez realizado, deberán remitir ó profesorado polo mesmo medio. Para a realización desta proba daránselle no seu momento ó alumnado as instrucións oportunas.

No caso do alumnado que opte por non seguir a avaliación continua (por non ter asistido ás sesións presenciais nin entregar as actividades avaliables encargadas) o sistema de avaliación consistirá na realización dunha proba test teórico-práctica, que suporá o 50% da nota final; e na resolución dun suposto práctico, que representará outro 50% da nota final. Ámbalas dúas probas se levarán a cabo da mesma forma e na mesma data indicada anteriormente.

Este mesmo sistema de avaliación seguirase para a segunda oportunidade de exame (convocatoria de xullo).

Nesta segunda oportunidade de exame, o alumnado poderá conservar a nota obtida naquelas partes da avaliación que tivera aprobadas (avaliación continua, proba test ou caso práctico), polo que se manterían os mesmos porcentaxes na avaliación. Noutro caso, o sistema de avaliación consistirá na realización dunha proba test teórica-práctica, que suporá o 50% da nota final; e na resolución dun suposto práctico, que representará outro 50% da nota final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000