Tal e como se establece no Real Decreto 1393/2007, modificado polo Real Decreto 861/2010, o plan de estudos correspondente ao título oficial proposto inclúe un Traballo Fin de Máster orientado á adquisición das competencias
definidas na normativa polo que se planificou na parte final do ensino. Conforme á normativa
universitaria as ensinanzas universitarias concluirán coa elaboración e defensa pública do Traballo Fin de Máster (TFM), polo que a materia relativa ao "Traballo de Fin de Máster" impartirá e desenvolverá no primeiro cuadrimestre do segundo
curso académico. O seu contido fundamental concrétase, esencialmente, na realización e defensa dun traballo realizado a partir dunha memoria das prácticas, demostrando unha sólida formación no manexo de fontes legais, doutrinais e xurisprudenciais que serven de sustento ás actividades ou estratexias desenvolvidas e conclusións alcanzadas. |