Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía-Pontevedra
 Materias
  Práctica Laboral e de Seguridade Social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Avaliarase a participación activa dos alumnos/as nos seminarios. 20
Probas de tipo test Ao final do período de docencia presencial ou durante o mesmo poderán facerse unha ou varias probas tipo test. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao final de docencia presencial farase unha proba escrita que consistirá na resolución dun ou máis casos prácticos. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito a ser avaliado polo sistema de avaliación continua, o
alumnado deberá asistir, cando menos, a un 85 % das clases presenciais. 

- Primeira oportunidade de examen:

 

1.- Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados
conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación
continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa ao estudo de
casos (40%). 

2.- Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa
totalidade polo resultado obtido nas dúas partes que compoñen a proba
final[prueba tipo test[(40%) e proba práctica relativa ao estudo de casos
(40%)]. -

 

- Segunda oportunidade de examen: 

 

1.- No exame de xullo só se realizará unha proba final, que constará de
dúas partes: unha proba tipo test (40%) e unha proba práctica avaliando o
estudo de casos (40%). 2.- Os alumnos que se sometesen ao sistema de avaliación
continua conservarán a nota que obtivesen no curso. 3.- Para os alumnos que non
se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema:
a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido
nas dúas partes que compoñen a proba final: proba tipo test (40%) e proba
práctica relativa ao estudo de casos (40%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000