Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía-Pontevedra
 Materias
  Práctica Laboral e de Seguridade Social
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1:
Relación laboral. Contrato de traballo e
modalidades de contratación.
1.1.- Distinción de figuras próximas. Valoración de los indicios de dependencia y ajeneidad.
1.2.- Referencia ás relacións laborais especiais.
1.3.- Os contratos temporais: causa e posible duración de cada un deles (eventual, obra, interino). Causas de temporalidade e fraude de lei.
1.4.- Os contratos formativos: causa, posible duración de cada un deles (eventual, obra, interino).
1.5.- A orde xurisdiccional social. O proceso laboral ordinario: fase preprocesal e desenvolvemento do proceso. As partes no proceso laboral. O listisconsorcio. Defensa. O beneficio da xustiza gratuita
Tema 2: Obligacions e dereitos laborales do empregador e do traballador. 2.1. Remuneración: confección e interpretación da nómina
e liquidación. Redacción da papeleta de conciliación por reclamación de cantidade (salarios). Elaboración de demanda por reclamación de cantidade (salarios). Proceso
2.2. Tempo de traballo e descansos. Especial referencia ás vacacións.
2.3. O traballador a tempo parcial, traballador fixo periódico e réximen dos traballadores a tempo parcial. Traballadores fixos discontinuos: concepto e diferencia cos traballadores a tempo parcial. Dereitos de conciliación da vida persoal,
familiar e laboral.
2.4. Clasificación profesional.
2.5. Mobilidade xeográfica e modificación substancial de condicións de traballo. Procesos
2.6. Sancións. Despedimento disciplinario: Confección e interpretación de liquidación e carta de despedimento. Consignación de indemnizacións. Redacción dunha papeleta de conciliación. Proceso de despedimento disciplinario e de impugnación de sancións. Reclamación ao Estado do pago de salarios de tramitación en xuízos por despedimento.
2.7. Tutela dos dereitos fundamentais e liberdades públicas do traballador.
2.8. Prevención de riscos laborais (Responsabilidades por accidente de traballo ou enfermidade profesional).
2.9. A inspección de traballo e as infraccións administrativas na orden social.
Tema 3: Vicisitudes da relación laboral.
3.1. Suspensión
3.2. A contrata ou subcontrata de propia actividade e garantías dos traballadores suxeitos a contrata ou subcontrata. Cesión ilegal.
3.3. A transmisión de empresa e garantías dos traballadores en supostos de transmisión de empresa.
3.4. Extinción por causas obxectivas e despedimento colectivo por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción. Confección e interpretación de liquidación e carta de despedimento.
Expediente de regulación de emprego. Consignación de indemnizacións. Redacción dunha papeleta de conciliación.

Tema 4: Negociación colectiva e representación. Libertade sindical. 4.1. Proceso de conflito colectivo. A representación sindical dos traballadores. O Dereito de folga.
4.2. Impugnación de convenios colectivos.
4.3. Materia electoral.
4.4. Procesos en materia sindical: tutela da liberdade sindical, impugnacións relativas aos
estatutos dos sindicatos e das asociacións empresariais ou á súa modificación.

Tema 5: Seguridade Social. 5.1. Prestacións: asesoramento sobre a prestación procedente, realización de diagnóstico a longo prazo a efectos de tomar a decisión correspondente. Redacción de escritos de reclamación previa. Procesos en materia de prestacións de Seguridade Social.
5.2. Impugnación de actos de encuadramiento.
5.3. Impugnación de altas médicas.
5.4. Accidente de traballo ou enfermidade profesional.
5.5. O proceso en materia de Seguridade Social
Tema 6: O proceso ordinario. Recursos e execución de sentenza. 6.1. Evitación do proceso. Conciliación previa. Reclamación previa a vía xudicial. Reconvención. Actos preparatorios e medidas precautorias. O embargo preventivo.
6.2. O proceso ordinario. A demanda. Acumulación de acción, autos e recursos. Conciliación e xuizo. Dilixencias de mellor proveer.
6.3. O sistema de recursos. Recursos contra providencias, autos, dilixencias de ordenación e decretos. Recurso de suplicación. Recurso de casación. Casación para a unificación de doutrina. Remedios e recursos contra sentenzas firmes: audiencia ao demandado rebelde, nulidade de actuacións, erro xudicial, revisión de sentenzas, recurso de amparo.
6.4. A intervención do FOGASA e o Ministerio Fiscal no procedemento laboral. As prestacións que depara o FOGASA: supostos e cuantías.
6.5. Execución de sentenza. Execución provisional e definitiva. Execucións diñerarias. Execución de despedimento e supostos afíns. Execución de sentenzas colectivas e outros supostos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000