Guia docente 2023_24
Facultade de Comercio
Máster Universitario en Comercio Internacional - Non Presencial
 Materias
  Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións no e-Comercio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Os/as estudantes levarán a cabo a realización dun proxecto, que se avaliará mediante a realización dunha serie de actividades avaliables propostas. Exporanse 5 actividades avaliables ao longo do curso, cuxa ponderación dentro do conxunto da materia será de: 20%, 20%, 15%, 15% e 20% (total 90%). Todas elas serán de entrega obrigatoria e requirirase obter un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha delas para optar a superar a materia.

AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: entrega obrigatoria
Nota mínima para optar a superar a materia: 4 sobre 10 en cada unha das actividades

AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: entrega obrigatoria
Nota mínima para optar a superar a materia: 4 sobre 10 en cada unha das actividades
A ponderación de cada actividade nesta modalidade será de 15%,15%,15%, 10% e 15% (total 70%). Véxase o apartado "Outros comentarios sobre a Avaliación"

90 A5
B4
B5
C14
C15
C16
C17
Exame de preguntas obxectivas Consistirá nunha proba escrita onde se deberán contestar preguntas breves e/ou tipo test de selección simple ou múltiple. Versarán sobre todos os contidos da materia. A súa realización será opcional. 10 A5
B4
B5
C14
C15
C16
C17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

MODALIDADE DE avaliación continua

As condicións para poder superar a materia por avaliación continua son:

  • O/a estudante deberá seguir de maneira asidua la materia a través da plataforma online destinada para elo.
  • Deberá entregar as actividades avaliables, no prazo que se estipule para cada unha delas, e obter unha nota >=4 sobre 10 en todas e cada unha delas.
  • Obter unha nota final >=5 sobre 10, como resultado da media ponderada dos items avaliables (actividades e o exame) 
  • A realización do exame, que pondera un 10% da nota, non é obrigatoria. En caso de non realizarse, se puntuarará con 0 puntos a efectos do cálculo da nota final.

Quen non cumpran algún destes requisitos considerarase que non superaron a materia. 

Alternativamente, o/a estudante que  non queira ser avaliado/a por avaliación continua debe renunciar explicitamente á avaliación continua solicitándoo por escrito ao profesor da materia, antes da 5ª semana de docencia. 

MODALIDADE DE avaliación global

Os/as estudantes que non sigan a modalidade de avaliación continua, así como quen se presente ás convocatorias de 2ª oportunidade (Julio) ou outras convocatorias extraordinarias que poidan establecerse, deberán realizar e entregar, antes da data do exame, todas e cada unha das actividades avaliables que se exporán na materia. E realizar, opcionalmente, o Exame de preguntas obxectivas indicado na sección de Avaliación. Neste caso a ponderación será diferente á da avaliación continua, calculándose a nota final como: 

N=0,15*A1 + 0,15*A2 + 0,15*A3 + 0,10*A4 + 0,15*A5 + 0,30 *B 

sendo A1, A2, A3, A4 e A5 as cualificacións obtidas nas 5 actividades avaliables antes mencionadas, e "B" a nota obtida no exame.  É ademais condición necesaria obter unha nota >=4 sobre 10 en todas e cada unha das 5 actividades. 

Se superará a materia se se obtén unha nota final >=5 sobre 10, como resultado da media ponderada dos items avaliables (as actividades e o exame) 

A realización do exame, que pondera neste caso un 30% da nota, non é obrigatoria. En caso de non realizarse, se puntuarará con 0 puntos a efectos do cálculo da nota final.

As datas de exames oficiais das distintas convocatorias serán as publicadas na páxina web do Máster: http://mcinternacional.webs.uvigo.es/

EN CASO DE DÚBIDA, DISCREPANCIA, ERRO DE TRADUCIÓN, INCOMPLETITUD, INTERPRETACIÓN, Ou SIMILAR, PREVALECERÁ O ESPECIFICADO NA VERSIÓN EN CASTELÁN DESTA GUIA DOCENTE.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000