Guia docente 2022_23
Facultad de Comercio
Máster Universitario en Comercio Internacional - Non Presencial
 Materias
  Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións no e-Comercio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Os estudantes levarán a cabo a realización dun proxecto mediante a realización dunha serie de traballos e actividades avaliables propostas. Avaliaranse cada un destes traballos e actividades elaborados polos alumnos, de maneira xeralmente grupal (individual en caso de non asistentes). 90 A5
B4
B5
C14
C15
C16
C17
Exame de preguntas obxectivas Consistirá nunha proba escrita onde se deberán contestar preguntas breves e/ou tipo test de selección simple ou múltiple. Versarán sobre todos os contidos da materia. 10 A5
B4
B5
C14
C15
C16
C17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación anterior é válida para estudiantes que sigan a avaliación continua. As condicións para ser avaliados/as por avaliación continua son:

  • Para estudantes en modalidade presencial: deberán asistir a un mínimo do 75% das horas presenciais da materia. 
  • Para estudantes  en modalidade virtual: deberán utilizar a plataforma de teledocencia posta á súa disposición de forma suficientemente asidua (tipicamente polo menos cada 2 días) para estar ao tanto do progreso da materia, así como a participación adecuada e regular nas actividades online grupales. 

Quen non cumpran estes requisitos considerarase que non seguen a modalidade de avaliación continua. Por tanto serán avaliados por a modalidad para alumnado que non segue a modalidade de avaliación continua.

Alternativamente, o/a estudante que a pesar de cumprir estas condicións  non queira ser avaliado por avaliación continua pode renunciar explicitamente á avaliación continua solicitándoo por escrito ao profesor da materia, antes da 3ª semana de docencia. Ou se ao longo do curso acredita documentalmente e de maneira suficiente algunha causa sobrevinda que obxectivamente lle impida seguir a avaliación continua.  En caso contrario, todo/a estudante que cumpra as condicións descritas será avaliado/a por avaliación continua. 

De maneira xeral, para os/as estudantes presenciais ou virtuais, avaliados/as por avaliación continua, que cumprisen todos os requisitos indicados para optar a superar a materia por esta vía, a nota final N obterase como:

N=0,9*A+0,1*B 

Sendo:

  • "A" o resultado da media ponderada (en función da carga de traballo estimada) das notas obtidas en cada actividade ou ítem avaliable do apartado de Aprendizaxe baseado en proxectos .
  • E "B" a nota obtida no apartado de Probas de resposta curta. 

Tanto A como B puntuaranse entre 0 e 10.

Entenderase superada a materia se dita nota final N é maior ou igual que 5 sobre 10.

É ademais requisito imprescindible para poder optar a superar a materia por avaliación continua o realizar e entregar, nos prazos marcados para cada modalidade, todas as actividades ou ítems avaliables na parte A  e obter unha puntuación igual ou superior a 4 sobre 10 en todas e cada unha delas (de maneira xeral cada módulo da materia constará dun ou máis ítems avaliables). En caso contrario considerarase automaticamente a materia como non superada. Poderán existir actividades de entrega obrigatoria pero que só se avalíen como apta/non apta, nese caso requirirase que sexa entregada e avaliada como apta para para optar a superar a materia, pero non entrarán no cálculo da media A antes mencionada.

Para os alumnos que sigan a avaliación continua pero que non cumprisen algún dos requisitos imprescindibles antes descritos para superar a materia na súa correspondente modalidade (entrega de todas as actividades ou ítems avaliables dentro dos prazos, obtención da nota mínima en todas as actividades ou ítems avaliables, nota final resultante >=5), a nota final N nunca poderá superar 4,9 sobre 10, e se calculará por elo como:

N=minimo(0,9*A+0,1*B  ; 4,9)

É dicir, como se indica na fórmula, a nota final N será o mínimo de entre os valores de (0,9*A+0,1*B) e 4,9.


Os/as estudantes  que non sigan a modalidade de avaliación continua, así como aqueles que se presenten ás convocatorias de Xullo ou outras convocatorias extraordinarias que poidan establecerse, deberán realizar e entregar, antes da data do exame, todas as actividades ou ítem avaliables dos apartados de Aprendizaxe baseado en proxectos que se teñan plantexado na materia.  E realizar o Exame de preguntas obxectivas indicado na sección de Avaliación. Neste caso, a nota final será: 

N=0,65*A + 0,35 *B 

sendo A a nota obtida nas actividades do apartado de Aprendizaxe baseado en proxectos , calculada tal e como se indicou previamente; e B a nota obtida no Exame de preguntas obxectivas.

En calquera caso é altamente recomendable que o/a estudante comunique ao docente a sua intención de seguir esta modalidade de avaliación para recibir as indicacións pertinentes.

As datas de exames oficiais das distintas convocatorias serán as publicadas na páxina web do Máster: http://mcinternacional.webs.uvigo.es/


EN CASO DE DÚBIDA, DISCREPANCIA,ERRO DE TRADUCIÓN, INCOMPLETITUD, INTERPRETACIÓN, OU SIMILAR, PREVALECERÁ O ESPECIFICADO NA VERSIÓN EN CASTELÁN DESTA GUIA DOCENTE.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000