Guia docente 2023_24
Facultade de Comercio
Máster Universitario en Dirección de PEMES
 Materias
  Finanzas para PEMES
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A asistencia participativa a clases e seminarios e a realización dos casos prácticos poden sumar ata dous puntos á nota obtida no exame. Para iso requírese unha asistencia mínima do 80% as clases e seminarios e a realización de tres casos prácticos. A superación dos casos prácticos libera o alumno destes contidos na resolución de problemas ou exercicios e nos exames finais. 20 B2
C1
C2
C5
C10
C13
C14
Resolución de problemas e/ou exercicios
Exercicios e problemas sobre o contido da materia. É necesario obter unha nota mínima de "aprobado" (5 sobre 10) para superar a proba.
40 B2
C1
C2
C13
C14
Exame de preguntas obxectivas
Preguntas de opción múltiple sobre o contido do curso. É necesario obter unha nota mínima de "aprobado" (5 sobre 10) para superar a proba.
40 B2
C1
C2
C5
C10
C13
C14
Estudo de casos O alumnado que teña menos do 80% de asistencia ás clases e seminarios poderá realizar de forma autónoma tres casos prácticos. É necesario superar todos e cada un deles (nota mínima de 5 sobre 10 en cada un deles). A cualificación deste apartado será a media obtida nos tres supostos plantexados e ponderará o 20% na cualificación da materia. A superación dos casos prácticos libera o alumno destes contidos na resolución de problemas ou exercicios e nos exames finais. 20 B2
C1
C2
C5
C10
C13
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O sistema de avaliación definido anteriormente corresponde á avaliación
continua.

Avaliación global: 

Nas datas que estableza o centro terán lugar os exames finais, que tanto na primeira como na segunda convocatoria consistirán en:

1.- Resolución de problemas ou exercicios: Exercicios e problemas sobre os contidos da materia. É necesario obter unha nota mínima de "aprobado"(5 sobre 10) para superar a proba. Pesará un 40% na nota final da materia.

2.- Exame tipo test: É necesario obter unha nota mínima de "aprobado" (5 sobre 10) para superar a proba. Pesará un 40% na nota final da materia.

3.- Asistencia participativa a clases, seminarios e realización de tres casos prácticos. Para aqueles alumnos que asistan polo menos ao 80% das clases e seminarios e realicen os tres casos prácticos. Pesará ata o 20% da nota do curso. A realización dos casos prácticos libera ao alumno dos devanditos contidos no exame final.

4.- Realización de tres casos prácticos. Para aqueles estudantes que asistan a menos do 80% das clases e seminarios. O alumnado poderá realizar de forma autónoma os casos prácticos. É necesario superar todos e cada un deles (nota mínima de 5 sobre 10 en cada un deles). A cualificación deste apartado será a media obtida nos tres supostos plantexados e ponderará o 20% na cualificación da materia. A superación dos casos prácticos libera o alumno destes contidos na resolución de problemas ou exercicios e nos exames finais.

A realización dos casos prácticos (xa sexa de xeito autónomo, ben mediante asistencia presencial en clase ou en liña) é un requisito mínimo para superar a materia. A súa realización libera ao alumno da avaliación dos contidos vencellados .O profesor poderá formular preguntas relacionadas co contido dos casos nos exames finais a aqueles alumnos que non superen algún dos supostos propostos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000