As actividades formativas desenvolveranse desde unha metodoloxía participativa e aplicada que se centra no traballo do alumno/a.
De entre as actividades formativas deseñadas para o MASTER e encargadas de organizar os procesos de ensino e aprendizaxe (lección maxistral, actividades prácticas, actividades individuais/grupais e as titorías académicas), a materia desenvolverá aquelas actividades que máis se adecúen aos contidos e competencias a adquirir polo alumnado. Utilizarase un sistema de avaliación preferentemente continuo e diversificado, seleccionando as técnicas máis adecuadas en cada momento, que permitan poñer de manifesto os diferentes coñecementos e capacidades adquiridos polo alumnado ao cursar a materia.
A docencia presencial teórica consistirá na presentación na aula dos conceptos e contidos fundamentais propostos no programa.
As actividades prácticas en clase poderían consistir na resolución de problemas e casos prácticos, así como na realización de lecturas, exposicións e debates
Na modalidade de avaliación PRESENCIAL E SEMIPRESENCIAL a cualificación final será o resultado da nota do exame final(70%), Resolución de varios casos prácticos (30%).
Considérase aprobada a sinatura se dita media é maior ou igual a 5.
Na convocatoria de xullo e nas extraordinarias manteranse os mesmos criterios que para a convocatoria ordinaria.