Guia docente 2022_23
Facultade de Comercio
Máster Universitario en Dirección de PEMES
 Materias
  Dirección Estratéxica da PEME
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias
Adquirir e desenvolver as habilidades e actitudes necesarias para analizar, diagnosticar e tomar as decisións nel desempeño da actividade empresarial cunha visión integral e un coñecemento profundo de las diferentes áreas que conforman a PEME. CG1
Saber empregar as habilidades persoais, actitudes e coñecementos teóricos - prácticos adquiridos no contexto académico mediante la simulación de situacións reais da práctica profesional e a través do contacto coa realidade empresarial que proporcionan as prácticas de empresa. CE1
Dominar a estratexia, e a xestión dos procesos de dirección de PEMES, identificar os problemas empresariais en contornas dinámicas e competitivas e posibilitar un foro de discusión e debate que permita dar solucións e realizar propostas dun modo creativo. CE7
Posibilitar un foro de discusión e debate que permita dar solucións e realizar propostas dun modo creativo. CE18
Dominar as habilidades necesarias para o desempeño da dirección da empresa, a xestión de recursos humanos e as relacións cos interlocutores internos e externos. CE8
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. CB2
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. CB4
Adquirir a formación que lle permita recompilar, procesar e interpretar información de persoal, contable, económica, comercial, xurídica, fiscal e da contorna para poder emitir xuízos e tomar decisións sobre aspectos da empresa. CG2
Asumir a súa capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos ao desempeño do seu futuro labor profesional, facilitar a integración dos estudantes no ámbito laboral e mellorar a súa posición dentro da empresa para aqueles que xa están integrados nela. CG3
Realizar o proceso de planificación e control de xestión empresarial, estratéxico e operativo das PEMES cos elementos que o conforman, incorporar nos seus sistemas informativos as variables para manter e incrementar a súa actividade na contorna de actuación. CE10
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000