Educational guide 2023_24
Facultade de Comercio
Máster Universitario en Dirección de PEMES
 Materias
  Dirección Comercial e Marketing para PEMES
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun ou varios traballos a desenvolver polo alumno.
Requírese a participación activa do alumnado.
Recoméndase ao estudante que traballe previamente o material entregado polo profesorado e que consulte a bibliografía recomendada para completar a información co fin de seguir as explicacións e participar activamente nas cuestións e preguntas suscitadas ao longo das sesións de aula.
Estudo de casos Estudo e traballo sobre casos reais de empresas, análises de situacións, comentario de novidades, debates, etc. Esta actividade poderase levar a cabo individualmente ou en grupo. Importante a aplicación de conceptos e a creatividade nas solucións propostas.
Seminario Conferencias temáticas desenvolvidas por expertos na materia. Inclúe exposición e unha quenda de discusión entre os asistentes.
Traballo tutelado Realización de varios traballos ou proxectos ligados á Dirección Comercial e o Marketing.
Actividade que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía,
redacción, etc.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o profesorado e/ou un grupo de estudantes dos resultados dos traballos tutelados de maneira individual ou en grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000