Educational guide 2023_24
Facultade de Comercio
Grado en Comercio
 Presentacion

(*)

A ninguén se lle escapa a inmensa riqueza dos recursos naturais de España en xeral e de Galicia en particular, riqueza que doutra banda parece non ser tradicionalmente canalizada en forma adecuada para incrementar os recursos e a calidade de vida, por iso debe ser o noso propósito, que os recursos minerais e enerxéticos contribúan a xerar riqueza, eque o fagan de maneira sustentable; de forma que nin se desaproveiten recursos que poidan contribuír a mellorar a calidade de vida, nin se deteriore o Medio Ambiente.

A crecente importancia de todos os aspectos relativos á minería na economía fai que numerosos sectores como a obra civil subterránea, a xestión de recursos naturais en xeral e enerxéticos enparticular, augas e medio ambiente e novos materiais estean en fase de constante crecemento.

Doutra banda a enorme importancia do sector enerxético no desenvolvemento económico, en particular das fontes de enerxía, obriga a realizar un esforzo na exploración de recursos tanto novos como convencionais, compatible coa protección ambiental, buscando un crecemento sustentable.

Ante estas circunstancias, xorde a necesidade de formar profesionais na xestión de recursos naturais, con especial atención ás connotacións ambientais que comporta esta actividade.

Este grao, que capacita para o exercicio da profesión regulada por lei de ENXEÑEIRO TÉCNICO DE MINAS, pretende fornecer a formación adecuada e de alto nivel aos futuros profesionais para a exploración, investigación, explotación, beneficio, elaboración, transformación e utilización dos recursos mineiros (rocas e minerais, augas subterráneas, augas mineiras e termais,….) e enerxéticos (petróleo, gas natural, …) na Terra e outros recursos xeolóxicos, como o espazo subterráneo, actividades todas elas que han de levarse a cabo de forma segura, rendible e ambientalmente aceptable. Os seus coñecementos en escavación mediante o uso de explosivos convérteno nun técnico adecuado no movemento de terras, así como na execución e control de túneles e obras subterráneas en xeral.

A formación destes enxeñeiros céntrase tanto no ámbito da industria mineira, que comprende a avaliación, planificacióne explotación de xacementos minerais e o deseño e a práctica de procesos de transformación física e química dos minerais para obter os produtos minerais, no refino de petróleo, a petroquímica e a carboquímica, así como o aproveitamento e transformación de todo tipo de recursos enerxéticos, ademais, de coñecer as tecnoloxías propias dos materiais metálicos, cerámicos, polímeros e compostos, desde a súa obtención ata o seu uso, así como as técnicas siderometalúrxicas, sendo capaz de deseñar o material adecuado a cada aplicación e de fornecer ás industrias da construción e bens de equipos os materiais que precisan.

A formación para a obtención de tales coñecementos é necesariamente multidisciplinar sen perder de vista os aspectos técnicos económicos e ambiental que converta aos profesionais deste sector nuns provedores de desenvolvemento sustentable para a nosa sociedade.

Ao obxecto de proporcionar unha formación actualizada procedeuse a modificar o plan de estudos, polo que esta titulación atópase en proceso de extinción. Isto implica que no curso 2021/22 impartirase por última vez terceiro curso e o 2022/23 o cuarto curso do plan en extinción.

En paralelo está a implantarse o plan de estudos modificado (Plan 2020). No curso 2021/22 impártense primeiro e segundo curso do plan novo.

Toda a información correspondente a organización do centro, coordinadores, calendario escolar, horarios, exames, profesorado, saídas profesionais está dispoñible e actualiza na páxina web do centro

http://minaseenerxia.uvigo.es/es/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000