Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Idioma para a comunicación internacional: Alemán
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Manteranse as metodoloxías docentes e a atención ao alumnado, aínda que adaptadas á situación que concorra en cada caso, mediante Campus Remoto e a través do sistema de Despachos e outras ferramentas virtuais, ademais do uso de Faitic e do correo electrónico.

Poderían considerarse as seguintes modificacións relativas ao sistema e aos criterios e porcentaxes de avaliación descritos no caso de que non puidese manterse a presencialidade.

No caso da modalidade da avaliación continua, as porcentaxes de avaliación descritos pasarían a ser 50% para o traballo de aula (valoración continua da participación activa do alumnado na presentación e control das diferentes actividades, ordinarias e complementarias) e 50% para a proba escrita.
No caso da modalidade da avaliación única, as porcentaxes de avaliación descritos pasarían a ser 50% para a elaboración cinco exercicios escritos e 50% para o exame ou proba escrita. A profesora responsable da materia será quen determinará o contido e o desenvolvemento do tipo de exercicios, que debe ser entregados con anterioridade á celebración do exame escrito; a data límite de entrega é a semana anterior ao día do exame escrito. A súa entrega será requisito previo para que o alumnado poida optar á realización do exame.
En todas as achegas de avaliación, traballo de aula, exercicios e exames escritos as notas non deberán ser inferior a 4 para superar a materia.

Estas consideracións afectarían tanto á primeira como á segunda convocatoria de exames.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000