Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Idioma para a comunicación internacional: Inglés
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Cando non sexa posible a docencia presencial, as metodologías docentes se impartirán adecuándoas aos medios telemáticos que se poñan a disposición do profesorado, ademáis da documentación facilitada a través de FAITIC e ostras plataformas, correo electrónico, etc.

O requisito de asistencia mínima obrigatoria para acollerse á modalidade de evaluación continua non se aplicará no caso de docencia non presencial.

As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC, ...) baixo a modalidade de concertación previa.

As diferentes pruebas e actividades para a evaluación faranse de forma telemática. Mantéñense os criterios de evaluación adecuando a realización das probas e os pesos, no caso de ser necesario y por indicación en Resolución Rectoral, aos medios telemáticos pestos a disposición do profesorado.

Calquera modificación será comunicada de xeito detallado en tempo e forma ao alumnado afectado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000