Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Comercio electrónico: Elementos informáticos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Manterase as metodoloxías propostas, facendo uso dos contornos de ensino e do traballo en liña para o desenvolvemento do ensino e para permitir o traballo en grupo por parte dos estudantes.
A atención aos estudantes (titorías) seguirá as pautas establecidas no "Paso 6" desta guía.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación seguirá mantendo as puntuacións establecidas na guía e farase uso da plataforma FAITIC e do Campus remoto para a entrega das actividades e as súas presentacións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000