Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Investigación de mercados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Asistencia, actitude e rendemento durante as prácticas, reflectido especialmente mediante as entregas de exercicios. 30 D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
Práctica de laboratorio Proba parcial a desenvolver nunha sesión maxistral a metade de curso 35 C1
C4
C6
C7
C11
C15
C25
C26
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita e individual a realizar unha vez finalizada a docencia. Inclúe preguntas abertas e curtas sobre os conceptos estudados. 35 B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C4
C6
C7
C11
C15
C25
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Considerarase que os estudantes seguen a avaliación
continua se asisten, polo menos, ao 70% das actividades. É posible
renunciar á avaliación continua solicitándoo por escrito ao profesorado da
materia, antes da terceira semana de docencia. Ou si ao longo do curso
acredita documentalmente e de maneira suficiente algunha causa sobrevida que
obxectivamente lle impida seguir a avaliación continua.



Na modalidade de avaliación continua a nota final será o resultado da nota
dos parciais (70% da nota final) e da nota dos traballos a entregar durante o
curso (30% da nota final). No caso de que o desenvolvemento do curso non
permita facer unha proba parcial, dita proba estará incluída no exame final da
materia. Para superar a materia o alumno deberá conseguir unha puntuación
mínima de 5 puntos. A puntuación obtida pola participación e a realización
e entrega de todas as tarefas establecidas polo profesor mantense na
convocatoria de xuño e xullo do curso académico en vigor pero non se
gardará para cursos sucesivos. Calquera estudante que durante o curso
participe no 20% das probas de avaliación do programa non poderá en ningún
caso obter a cualificación de non presentado.



Os estudantes que non poidan seguir a avaliación continua serán examinados
mediante unha proba escrita na data oficial fixada no calendario de exames. A
nota final será a que teña no exame e se valorará sobre 10 puntos, considerando
o aprobado unha cualificación igual ou maior que 5. Poderase exisir a entrega de determinadas tarefas dependendo da evolución da situación e das continxencias.

Dende a materia se facilitará a participación dos estudantes nas
actividades académicas organizadas pola escola de empresariais ou pola
universidade, que poden ser obxecto de bonificación adicional ás actividades do
curso, con ata 0,3 puntos, sempre que se acredite a participación. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000