Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Investigación de mercados
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Manteranse as metodoloxías propostas e os contidos suxeridos facendo uso de contornas de docencia e traballo online para o desenvolvimento da actividade formativa e para permitiren o traballo grupal. Isto non eximirá da entrega dos traballos propostos, xa sexa de forma individual ou en grupo.
Os exames pasarán a ser en plataforma virtual, e os alumnos que non adoiten a avaliación continua terán que entregar as tarefas solicitadas ex-profeso ademais de presentarse a un examen que suporá o 50% da avaliación.
Os mecanismos de atención ao alumnado se desenvolverán por correo electrónico e por foros en Faitic, é, chegado o caso, mediante o espazo virtual no campus remoto.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación será igual para os alumnos que sigan a avaliación continua. Os alumnos que non sigan a avaliación continua non se xogarán o aprobado no exame final senón que este pasará a ponderar un 50% pero deberán entregar as tarefas asignadas (que ponderarán o 50%) na data exisida polo profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000