Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Prácticas externas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
As prácticas da empresa serán substituídas por prácticas online nas empresas que o permiten. Tamén poderán ser substituídas por seminarios, talleres, ... que permitan adquirir as habilidades relacionadas coa materia e sempre tendo en conta o número mínimo de horas esixido.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación no caso das prácticas en liña será a mesma. No caso de seminarios, talleres, etc. sería:
* Xustificación da asistencia / participación / rendemento por parte do organismo organizador (30%)
* Informe do estudante (70%)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000