Guia docente 2023_24
Facultad de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Técnicas de investigación social
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Ante calquer eventualidade derivada do COVID 19 por mor da cal a docencia non puidera desenvolverse de xeito presencial a actividade docente impartirase mediante o Campus Remoto.

Se manteñen as metodoloxías docentes e a atención personalizada ainda que adaptadas a situación que concorra en cada caso, mediante Campus Remoto.

As titorias serán programadas de xeito virtual na modalidade de concertación previa.

Se elimina o requisito de porcentaxe de asistencia mínimo para a avaliación continua.

Para seguir a materia por avaliación continua o alumnado debe entregar como mínimo o 80% das actividades prácticas propostas.

No caso da avaliación continua e da avaliación final se mantén o sistema de avaliación descrito no apartado que corresponde.




Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000