Guia docente 2023_24
Facultad de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Xestión do comercio exterior
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Asistencia e participación nas clases 5 C1
C13
C14
C16
C23
D4
D6
D7
D11
Seminario Participación en seminarios 20 B5
C13
C23
D2
D3
D5
D6
D8
D9
D11
D13
D15
D16
D17
D18
Exame de preguntas obxectivas Exames de preguntas obxectivas 35 C13
C23
D3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Preguntas teóricas e prácticas 40 C13
C23
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua:

Nesta materia séguese o sistema de avaliación
continua. Con todo, pódese renunciar explicitamente á avaliación continua
solicitándoo por e-mail ao profesorado da materia, antes do día 1 de novembro.
 


O alumnado en avaliación continua está obrigado a
cumprir uns requisitos:
- Asistir ás clases prácticas (80% mínimo) e realizar
as actividades prácticas que se soliciten (habitualmente 1 por clase práctica).
Os xustificantes de non asistencia analizaranse en cada situación en
particular.
- Realizar todas as actividades programadas para as
prácticas. Deste xeito, se unha alumna ou alumno non asistise a clase (de forma
xustificada) deberá entregar igualmente a/s tarefa/s ou actividade/s nos 3 días
seguintes á data máxima de entrega, non tendo en conta a non asistencia só para
o cálculo da porcentaxe de asistencia mínima (80%).
- Aprobar todas as probas, prácticas e/ou exames, é
dicir, débese aprobar cada unha das partes principais da materia (prácticas e
exames) por separado, para poder optar á media da avaliación continua.
- A calificación media final calcularase da seguinte
forma:
(nota de asistencia e participación nas clases) x 0,05
+
(nota exame de preguntas obxectivas) x 0,35 +
(nota exame de Preguntas teóricas) x 0,40 +
(realización de exercicios e traballos, tanto en clase
como fóra de clase) x 0,20.
 


Avaliación global: O alumando debe aprobar o exame fixado oficialmente
(cunha nota mínima dun 5), que será diferente ao exame de avaliación continua.

A materia que entrará para ambos os tipos de
avaliación (continua e esta global) de cara ao exame final será tanto a
impartida nas clases teóricas como a impartida nas clases prácticas, estando
dispoñible en Moovi todo ese contido.

 Segunda oportunidade: O alumnado en avaliación continua poderá presentarse
ao exame oficial de xuño/xullo, a condición de que cumpra os demais requisitos
da avaliación continua. En caso contrario pasará automaticamente ao sistema de
avaliación global.

No sistema de avaliación global o alumnado deberá
superar (5 sobre 10) ao exame fixado oficialmente. Devandito exame será diferente
do que realice o alumnado no sistema de avaliación continua.

A materia que entrará para ambos os tipos de
avaliación (continua e esta global) de cara ao exame final será tanto a
impartida nas clases teóricas como a impartida nas clases prácticas, estando
dispoñible en Moovi todo ese contido.

 Convocatoria fin de carreira: Nesta convocatoria non se aplica o sistema de
avaliación continua polo que os alumnos deberán superar (5 sobre 10) o exame na
data fixada oficialmente. Examinaranse tanto da teoría como da práctica.

 Notas finais: En todos os sistemas, oportunidades e convocatorias o
aprobado é o 50% da nota máxima posible.

As datas dos exames poderanse consultar na páxina web
do centro https://fcomercio.uvigo.es

Un comportamento inadecuado na aula (valórase a
participación e actitude) ou o uso inadecuado dos dispositivos móbiles poden
afectar negativamente á cualificación final do alumnado.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000