Guia docente 2023_24
Facultade de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Planificación de recursos de información integrados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realización dun traballo práctico sobre un tema libremente elixido polo alumno, consistente no deseño de datos, almacenamento e recuperación de información en bases de datos. 20 B1
B2
C4
C5
C24
D5
D10
Traballo tutelado Controlarase a realización das actividades propostas nas clases teóricas, co obxectivo de presentar e/ou comprobar a correcta comprensión dos contidos da materia. 10 B1
B2
C4
C5
D5
D10
Prácticas con apoio das TIC Controlarase a asistencia e realización das tarefas establecidas nas prácticas da aula de informática, relacionadas coa xestión e explotación da información na empresa. 10 B1
B2
C4
C24
D5
D10
Exame de preguntas obxectivas Test test/preguntas curtas, sobre os contidos desenvolvidos na materia. 30 B1
B2
C4
C5
C24
D5
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dun exercicio práctico de deseño de datos e consultas de información 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia requírese obter como mínimo 1.5 puntos tanto no examen de preguntas obxectivas como na resolución do exercicio práctico (puntuados, cada un, sobre 3). De no ser o caso, a nota será o resultado de suma-la puntuación de todas as probas exceptuando o traballo práctico sobre un tema libre.

A puntuación obtida pola participación así como a realización e entrega das tarefas establecidas polo profesor (traballos de aula, e prácticas de aula informática), mantense nas convocatorias do curso académico en vigor pero NON se gardará para cursos sucesivos. 

O Traballo práctico (traballos tutelados) puntúa exclusivamente na convocatoria en que se presenta. En caso de non superar o exame na convocatoria de xaneiro, o alumno deberá entregar un novo traballo, xunto co exame, na convocatoria de xullo e nas convocatorias extraordinarias. 

Os alumnos que opten por NON seguir a avaliación continua terán que presentarse a un exame final na data oficial fixada no calendario de exames e a nota final da materia será a do devandito exame, valorado sobre 10 puntos. Neste caso, os alumnos deben INDICAR EXPRESAMENTE o seu desexo de non seguir a avaliación continua a principio de curso (durante as primeiras semanas). 

CÓDIGO DE BOAS PRÁCTICAS: 1. Puntualidade. Non se permitirá o acceso e saída a clase unha vez que o profesor entrase na aula. 2. Só se permitirá facer uso de teléfonos móbiles durante as sesións de traballo cando o profesorado así o requira. 3. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas. 4. É imprescindible coidar a gramática, redacción e ortografía das actividades entregadas. O incumprimento desta norma levará a invalidación das actividades. 5. Para a realización dos exames, o alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co D.N.I ou pasaporte, non sendo válido ningún outro documento. 6. A revisión de exames terá lugar unicamente no horario e lugar establecido polo profesor. 7. En caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor poderá adoptar as medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente.

As datas de exames deberán ser consultadas na Páxina web da Facultad https://fcomercio.uvigo.es/ 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000