Guia docente 2023_24
Facultade de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Planificación de recursos de información integrados
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Tutorias destinadas a resolver dúbidas e orientar aos alumnos na adquisición das
competencias da materia.
Traballo tutelado Aprendizaxe autónoma. Lectura e preparación previa das clases teóricas e prácticas por parte do alumno, con obxecto de asimilar os contidos da materia e preparación das probas avaliables
Traballo tutelado Desenvolvemento de casos/exercicios e debate na aula baixa as directrices e supervisión do profesor.
Lección maxistral Lección maxistral participativa, con material de apoio e medios audiovisuais. O profesor
explicará os diferentes temas e puntos que conforman o programa, pero á vez motivará a
participación activa en clase, tratando de intercalar o uso da súa palabra con intervalos de diálogo
profesor-alumno.
Esta participación activa provirá de dous ámbitos; por unha banda, das posibles dúbidas ou
comentarios que puidesen xurdir por parte do alumno como consecuencia da explicación do
profesor; por outro, será o propio profesor quen tamén poida lanzar preguntas e formulación
de casos
ao auditorio, tratando con este elemento dinamizador de conseguir respostas e
xerar debate que leve ao enriquecemento da exposición.
Prácticas con apoio das TIC Proposta e/ou exposición de casos prácticos con utilización das ferramentas informáticas
necesarias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000