Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Réxime fiscal da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos A entrega (previa á sesión presencial) das propostas de solución dos estudos de caso avaliaráse conxuntamente coas probas tipo tests: será necesario que o grupo de traballo teña entregado alomenos 6 casos para obter puntuación nas probas test. 0 C6
C13
C19
D3
D4
D6
D8
D11
D16
D17
D18
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliaraáse e puntuaráse a resolución dos test propostos despois de cada tema.
Este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos.
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo de traballo ó que pertence cada alumn@ teña entregado alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso.
30 C13
C19
D2
D3
D4
D5
D6
D11
D17
D18
Exame de preguntas de desenvolvemento Ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas sesións presenciais, proporáse un caso que o alumno deberá resolver de xeito individual e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos e capacidade de argumentación e xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos e a relativa ó IS cun máximo de 3 puntos.
70 C2
C3
C6
C13
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D11
D16
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta asignatura realizaráse unha Avaliación Contínua  (AC en adiante) do traballo realizado polo estudante.
Para superar a asignatura por AC deben cumprirse dúas condicións:
1) Alcanzar alomenos un 25% da nota en xogo en cada un dos tres apartados puntuabeis: test, proba IRPF e proba IS.
2) Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuabeis  (probas tests e probas IRPF e IS).
A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (IRPF e IS) suporá que o/a alumno/a deixa de ser avaliado en AC.
Tamén sairáse da AC se non se acada alomenos un 25% da nota en xogo en cada unha das tres probas realizadas (probas test, proba IRPF e proba IS).
A nota final por Avaliación Contínua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento.

Aqueles estudantes que non superen a materia por AC terán a opción de presentarse a un exame final.  Este exame valerá o 100% da nota e non se terán en conta os puntos obtidos na AC.

En caso de non presentarse pero ter feito traballo de AC, a nota será a obtida en AC.

(as datas dos exames finais poderán ser consultadas na páxina web da Escola: http://euee.uvigo.es/es )

---------

Sempre e cando @ estudante supere a materia segundo os criterios antes descritos, sumaráselle á nota que obteña un máximo de 1 punto pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuatrimestre en que se imparta a materia, e que o profesorado desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas polo Centro, a Universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares.

Para elo, o profesorado da materia comunicará previamente ó alumnado polos medios habituais (en horas presenciais ou por Faitic) aquelas actividades nas que a participación suporá un incremento da nota. Bonificaráse a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto;  en calquera caso a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10.

O alumnado deberá aportar algún documento acreditativo da súa participación en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, éste encargaráse de recopilar dita información e trasladárllela ó profesorado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000