Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Réxime fiscal da empresa
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do contido e obxectivos da materia. Metodoloxía de traballo e sistemas de control e avaliación.
Lección maxistral Para cada tema o docente presentará na aula as cuestións mais relevantes e formulará a metodoloxía a seguir para interpretar as consecuencias e efectos prácticos da norma tributaria.
Posteriormente o alumnado deberá revisar de xeito autónomo os contidos expostos.
Estudo de casos Realizaránse sesións prácticas que terán lugar en aulas-seminario.
Para cada sesión proporánse casos a estudar en grupos reducidos (de 3 ou 4 alumn@s) conformados ó inicio do curso.
Cada grupo deberá comentar, resolver e defender os casos plantexados.
@s alumn@s disporán previamente dos enunciados dos casos a través da Plataforma Tema e deberán elaborar no seu grupo reducido unha primeira proposta de solución xustificada que deberá ser entregada a través da Plataforma Tema antes do desenvolvemento da sesión presencial.
Prácticas con apoio das TIC As sesións prácticas en aula informática faránse de xeito individualizado e consistirán na resolución dun caso práctico empregando as aplicacións informáticas da Axencia Tributaria.
Para o seu desenvolvemento o alumnado disporá previamente do enunciado do caso na Plataforma Tema.
Resolución de problemas de forma autónoma Cada semana, despois da sesión maxistral, abriráse un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na Plataforma Tema, relativo ós contidos desenvoltos na sesión maxistral e na práctica correspondentes.
Trátase de actividades non presenciais que posibilitan o seguimento e avaliación do alumnado, que deberá responder nos prazos sinalados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000