Guia docente 2017_18
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Xestión de aprovisionamentos e distribución comercial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Probas na que o alumno debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.

A aplicación desta técnica levarase a cabo nas clases prácticas.
40 B1
B2
C4
C5
C15
D3
D5
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia.
60 B1
B2
C4
C5
C15
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A evaluación do alumno realizarase do seguinte xeito:


- Exame final (60% da nota final, 6 puntos). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre.

- Problemas e/ou exercicios realizados nas prácticas (40% da nota final, 4 puntos).

Para superar a materia, é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na
materia.

No caso de superar o exame, a nota final da materia resulta da suma da nota acadada no exame e a notas dos traballos
realizados nas prácticas.

No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame unha escala de 10
puntos.

A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000