Guia docente 2011_12
E.U. de Estudios Empresariales
Grao en Comercio
 Materias
  Dereito mercantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Os alumnos deberán presentar un traballo por escrito proposto polo profesor e defendelo mediante a súa exposición oral. Avaliaráse a profundidade do traballo, a claridade na exposición e comprensión de conceptos e a calidade da exposición oral. Co traballo do seminario poderá acadarse ata 1 punto da nota final.
Prácticas de laboratorio O profesor avaliará as respostas ou boas intervencións dos alumnos -orais ou escritas, segundo o caso- relacionadas coas cuestións prantexadas polo profesor, principalmente en razón á resolución dos casos prácticos prantexados. Por ditas respostas ou boas intervencións o alumno poderá acadar ata 1 punto da nota final.
Sesión maxistral Ao final do cuadrimestre haberá un exame que consistirá no prantexamento ao alumno dun cuestionario formado por doce preguntas breves ás que deberá dar resposta por escrito. Os alumnos que non puideran acollerse ao sistema mixto de avaliación que se establece, farán un exame diferente ao dos alumnos que seguiron o dito sistema e que constará dun cuestionario de seis preguntas breves, unha pregunta de desenrolo amplo e un caso práctico a resolver. A nota máxima que se poderá alcanzar co exame é de 6 puntos. Neste exame será preciso obter como mínimo unha cualificación de 2 puntos para que á puntuación alcanzada poida engadirse a correspondente á avaliación contínua.

Os alumnos que non entren na avaliación mixta (contínua mais exame final), únicamente serán avaliados sobre 10 puntos nun exame teórico-práctico diferente ao dos alumnos que seguiron a avaliación mixta.
Probas de resposta curta Nas sesións prácticas prantexarase aos alumnos a realización cuestionarios consistentes en preguntas de diverso formato sobre os contidos da materia e que servirán de control sobre o seu grao de coñecemento por parte do alumno, por ser ésta o fundamento necesario para o bó desenvolvemento da práctica. Pola boa realización dos cuestionarios poderán acadarse ata 2 puntos da nota final.
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000