Guia docente 2023_24
Facultad de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Empresa: Fundamentos de contabilidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades na que se formulan durante o curso a través da realización de probas
e exercicios relacionados coa materia, tanto a nivel teórico como
práctico. O alumno debe desenvolver a análise e resolución de cuestións,
problemas e/o exercicios de forma autónoma tanto presencial como
semipresencial. O estudante entregará e realizará o 100% das probas previstas pola coordinación da materia
20 B1
B2
B3
B5
C4
C6
C20
C24
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D12
D18
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen
cuestións, preguntas e exercicios sobre aspectos concretos da materia. Os
estudantes deben responder en base aos coñecementos adquiridos sobre a
materia. Estas probas xorden dos Traballos tutelados e da resolución
de problemas de forma autónoma levados a cabo durante o período de docencia.
Realizaranse 2 ao longo do curso, segundo o proceso de avaliación
continua, independentes das convocatorias oficiais. Valor de cada proba 40%.
80 B1
B2
B3
B5
C4
C6
C20
C24
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D12
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade A (Avaliación continua)

Aqueles alumnos que sigan o proceso de avaliación continua, deberán presentarse obrigatoriamente a 2 probas sobre os contidos teórico-prácticos da materia, obtendo para poder superar a mesma unha cualificación mínima de 5, [cada proba valórase cun 40%]. Se superan ambas as probas estarán eximidos da realización dunha proba final segundo o previsto no calendario oficial [convocatoria ordinaria e/o extraordinaria].

A cualificación final obterase do proceso de avaliación anteriormente descrito na presente guía. Para iso, ademais, ha de xustificar o 100% da resolución de problemas de forma autónoma realizadas ao longo do curso de forma presencial e/o semipresencial, ademais superar as 2 probas antes citadas.

Aqueles alumnos que seguindo o proceso de avaliación continua, non se presenten á proba final (tendo dereito de facela, por non superar as dúas probas da materia de contido teórico-práctico) serán cualificados como "Non Presentado". Calquera estudante ten dereito a renunciar á avaliación continua, facéndoo expresamente ata a 3ª semana de docencia, de forma irreversible.

No caso que algún estudante supere 1 proba e a outra non (da resolución de problemas e/o exercicios) e sempre que xustificase o 100% de probas de "Resolución de problemas de forma autónoma" aplicaráselle para a nota na acta da súa avaliación global o proceso de avaliación continua presente, cualificándolle coa menor cualificación entre a citada media e suspenso.

Para a convocatoria extraordinaria (xullo) se seguiron durante o curso o proceso de avaliación continua, a cualificación final obterase do proceso de avaliación anteriormente descrito na presente guía.

Para o seguimento e cualificación da modalidade A (avaliación continua) o/a estudante ha de xustificar un 70% de asistencia
presencial obrigatoriamente computando tanto as sesións teóricas como prácticas, condición que se manterá
para optar á realización das probas citadas de "Resolución de problemas e exercicios" ao longo do curso. En caso
contrario avaliaráselle pola modalidade B (Avaliación non continua).
Modalidade B (Avaliación non continua)

Aqueles alumnos que non sigan o proceso da avaliación continua, terán dereito a examinarse da materia nun exame final nas datas establecidas polo centro, cunha puntuación de 0 a 10 puntos, debendo obter unha cualificación mínima de 5. Alternativamente pódese renunciar explicitamente á avaliación continua solicitándoo por escrito ao profesor da materia, antes da 3ª semana de docencia, situación que será irreversible.

Os alumnos que concorran á segunda convocatoria extrarodinaria (xullo) deberán realizar o exame oficial final da materia na convocatoria extraordinaria establecida polo centro, cunha puntuación de 0 a 10 puntos, debendo obter unha cualificación mínima de 5.

Os estudantes que seguindo o proceso de avaliación non continua, non se presenten ás convocatoria oficiais serán cualificados como "Non Presentado"

OUTRAS CUESTIÓNS DE AVALIACIÓN

A condición de que o ou a estudante superase a materia segundo os criterios antes descritos, sumarase á nota que obtivese un máximo de 1 punto pola participación en actividades internas ou externas que eventualmente teñan lugar durante o cuadrimestre en que se imparta a materia, e que o profesorado desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas polo centro, a universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares.

Para iso, o profesorado da materia comunicará previamente ao alumnado polos medios habituais (en horas presenciais ou por outros medios habilitados) aquelas actividades nas que a participación supoñerá un incremento da nota. Bonificarase a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto; en calquera caso a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10.

O alumnado deberá achegar algún documento acreditativo da súa participación en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, este encargarase de recompilar a devandita información e trasladala ao profesorado.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000