Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Empresa: Fundamentos de contabilidade
   Plan de Continxencias
 
Descrición
==== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
#Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas

* Metodoloxías docentes que se modifican: Ningunha

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (plataforma da Universidade, foros, teléfono do despacho)

* Modificacións (se proceden) dos contidos para impartir: ningún

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe: O obrigatorio considerado como básico na fonte de información.

* Outras modificacións: En todo caso se houbese que suspender clases presenciais seguiríase impartindo docencia e realizando os controis/probas/exames virtualmente

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas xa realizadas: Mesmo peso que o proposto nesta guia docente

* Probas pendentes que se manteñen: Mesmo peso que o proposto nesta guia docente

* Probas que se modifican: Ningunha

* Novas probas: Ningunha

* Información adicional: En caso de suspensión de clases presenciais, estas substitúense por clases virtuais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000