Guia docente 2017_18
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da profesora das liñas xerais dos contidos, teóricos e prácticos, sobre a materia; có obxetivo de facilitar a adquisición de coñecementos por parte do alumnado.
Resolución de problemas Nas clases prácticas, en grupo pequeno, fomentarase a intervención do alumnado para expoñer as súas dificultades, intervir na resolución das dificultades plantexadas por outras/os compañeiras/os, ou en exercicios e cuestións plantexadas pola profesora.
O alumnado deberá desenvolver, de forma individual ou en grupo, as solucións adecuadas a unha serie de problemas e/ou exercicios que se formulan, relacionados coa materia.
Dito traballo deberá ser abordado mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Aquelas dificultades que persistan despois das sesións prácticas, atenderase (de forma individual ou en grupo reducido: 2-3 persoas) no despacho, nas horas de titoría expresamente dedicadas a ese fin.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado, ante a docente e grupo de estudiantes, dun tema que deberá realizarse en grupo.
Titoría en grupo Entrevistas obrigatorias do alumnado que ten que expoñer un mesmo traballo ca profesora da materia para asesoramento/desenvolvemento do mesmo.
Cada grupo deberá ter, a lo menos, unha titoría inicial e outra a semana anterior á exposición do tema. Na primeira planificarase e distribuirase o traballo entre as distintas personas que conforman o grupo. Na última deberá presentarse un esquema da exposición, a contribución de cada membro do grupo ó traballo e respostarase a tódalas cuestións, sobre a exposición e o traballo previo de cada membro, que formule a profesora.
Actividades introdutorias Terá lugar o primeiro día de clase.
Nesa sesión farase a presentación da materia e da prataforma Tema. Aproveitarase tamén para realizar unha enquisa con información relevante sobre a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000