Guia docente 2011_12
E.U. de Estudios Empresariales
Grao en Comercio
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora das liñas xerais dos contidos, teóricos e prácticos, sobre a materia; có obxetivo de facilitar a adquisición de coñecementos por parte do alumnado.
Resolución de problemas e/ou exercicios Traballo participativo e colaborativo. O alumnado debe desenvolver, de forma individual ou en grupo, as solucións adecuadas a unha serie de problemas e/ou exercicios que se formulan, relacionados coa materia. Dito traballo deberá ser abordado mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado, ante o docente e grupo de estudantes, dun tema.
Deberá realizarse en grupo. De modo excepcional, e previo permiso explícito, poderá levarse a cabo de maneira individual.
Titoría en grupo Entrevista obrigatoria das/os estudiantes que deben expoñer un mesmo traballo co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento do mesmo.
Cada grupo deberá ter, con a lo menos unha semán de antelación á exposición do tema, unha titoría. Nela presentarase un esquema da exposición, exporase a distribución do traballo entre cada un dos membros do grupo, e respostarase a tódalas cuestións, sobre a exposición e o traballo previo de cada un dos membros, que formule a profesora.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Formulación de problemas e/ou exercicios relacionados coa materia, que serán propostos a medida que se vai desenrolando a materia, e estarán a disposición do alumnado na plataforma. O alumnado debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.

Prácticas de laboratorio Traballo en aula informática para o desenvolvemento dos coñecementos básicos cara ó manexo dun programa de cálculo simbólico.
Actividades introdutorias Terá lugar o primeiro día de clase e terá lugar nunha aula informática.
Nesa sesión farase a presentación da materia e da prataforma Tema; asi como a localización e descarga do programa Maxima. Aproveitarase tamén para realizar unha enquisa con información relevante sobre a materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000