Guia docente 2011_12
E.U. de Estudios Empresariales
Grao en Comercio
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 CE1. Coñecer e comprender os conceptos fundamentais e a evolución da economía e da actividade empresarial desde unha tripla perspectiva: crecemento económico, cambio estrutural e internacionalización.
A19 CE19. Estar capacitado para discriminar a información relevante, en particular os custos e ingresos, con obxeto de apoiar o proceso de toma de decisións, a valoración de inventarios, a planificación e control e a mellora continua.
A21 CE21. Identificar e resolver os problemas modelizables aplicados ás situacións económicas mediante a aplicación das técnicas matemáticas axeitadas, así como interpretar a solución que proporciona o modelo.
B2 CT2. Habilidades de comunicación a través de internet e manexo das ferramentas multimedia.
B3 CT3. Capacidade de aprendizaxe, traballo autónomo e planificación e organización do traballo.
B4 CT4. Capacidade de análise e síntese, e pensamento crítico.
B5 CT5. Capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos no contexto académico. En especial, para aplicar coñecementos e razoamentos multidisciplinares.
B6 CT6. Capacidade para tomar decisións e resolver problemas.
B13 CT13. Capacidade para asumir responsabilidades e involucrarse no traballo.
B17 CT17. Atención ao detalle, precisión, motivación pola mellora continua.
B18 CT18. Capacidade reflexiva sobre o propio traballo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000