Guia docente 2023_24
Facultade de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas *Examenes parciais que implican a *resolucion de exercicios e preguntas curtas 35 C21
D3
D4
D5
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Nas probas expostas nos exames os alumnos deberán xustificar as súas respostas a través dun desenvolvemento razoado sobre a materia cursada. 40
Exame de preguntas obxectivas A avaliación incluirá tamén preguntas tipo test e verdadeiro/falso 15
Observación sistemática A asistencia activa e a participación na clase formará parte da avaliación 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na modalidade de avaliación continua a nota final dos alumnos será o resultado da nota do exame final (40% da nota final) e da nota das distintas probas que se farán ao longo do curso (60% da nota final) que inclúe tamén a asistencia activa (ata  un máximo do 10%). O exame final (ata 4 puntos) realizarase na data oficial establecida no calendario de exames. 

Os alumnos que no prazo fixado (antes da terceira semana de docencia) renuncien á avaliación continua, solicitándoo por escrito ao profesor da materia ou que ao longo do curso presenten un xustificante que acredite documentalmente e de maneira suficiente a causa que obxectivamente lle impida seguir a avaliación continua, terán que presentarse a un exame final na data oficial fixada no calendario de exames e a nota final da materia será a do exame final, o cal se valorará sobre 10 puntos.

Aqueles alumnos que non presenten a solicitude de renuncia á avaliación continua serán cualificados segundo a modalidade de avaliación continua (60% da nota, a do exame final e o 40% restante a cualificación da resolución de exercicios e cuestións de forma autónoma).

Na convocatoria de xuño, a condición de que o ou a estudante superase a materia segundo os criterios antes descritos, sumarase á nota que obtivese un máximo de 1 punto pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuadrimestre en que se imparta a materia, e que o profesorado desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas polo centro, a universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares.

Para iso, o profesorado da materia comunicará previamente ao alumnado (en horas presenciais na aula) aquelas actividades nas que a participación supoñerá un incremento da nota. Bonificarase a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto;  en calquera caso a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10.

O alumnado deberá achegar algún documento acreditativo da súa participación en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, este encargarase de recompilar a devandita información e trasladala ao profesorado.

 Na convocatoria de xullo e nas convocatorias extraordinarias a nota final da materia será a nota do exame oficial que se realizará nas datas fixadas no calendario de exames, exame que no devandito caso valorarase sobre 10 puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000