Guia docente 2011_12
E.U. de Estudios Empresariales
Grao en Comercio
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 CE1. Coñecer e comprender os conceptos fundamentais e a evolución da economía e da actividade empresarial desde unha tripla perspectiva: crecemento económico, cambio estrutural e internacionalización.
A6 CE6. Saber localizar, seleccionar e analizar a información e coñecer as variables que interveñen no comercio interior e internacional, co fin de orientar o deseño e implantación da estratexia e a xestión operativa do comercio.
A21 CE21. Identificar e resolver os problemas modelizables aplicados ás situacións económicas mediante a aplicación das técnicas matemáticas axeitadas, así como interpretar a solución que proporciona o modelo.
B1 CT1. Habilidades de comunicación oral E escrita, tanto nas linguas oficiais da súa Comunidade como na lingua estranxeira elixida (inglés, francés ou alemán).
B3 CT3. Capacidade de aprendizaxe, traballo autónomo e planificación e organización do traballo.
B4 CT4. Capacidade de análise e síntese, e pensamento crítico.
B5 CT5. Capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos no contexto académico. En especial, para aplicar coñecementos e razoamentos multidisciplinares.
B6 CT6. Capacidade para tomar decisións e resolver problemas.
B13 CT13. Capacidade para asumir responsabilidades e involucrarse no traballo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000