Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Visión por computador
 Materias
  Fotogrametría e visión robótica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Realizarase a exposición dos contidos da materia de maneira participativa.

Exporanse temas para a discusión na aula e a resolución de problemas e supostos prácticos.
Prácticas con apoio das TIC Solucionaranse casos de estudo relacionados coa temática da materia utilizando software de referencia.

Exporanse prácticas enfocadas á implementación dos algoritmos explicados nas clases participativas.

Traballarase con hardware específico no laboratorio en sesións de asistencia presencial obrigatoria
Traballo tutelado A partir de supostos prácticos predefinidos, exporase a resolución e documentación dun proxecto fotogramétrico completo, incluíndo a definición de: as metodoloxías de adquisición de imaxes en campo, da toma de datos de apoio para a xeorreferenciación dos modelos e a obtención dos mesmos a partir do proceso fotogramétrico.
Seminario Realizarase a descrición dun caso práctico concreto relacionado coa práctica profesional da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000