Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Seguridade en dispositivos móbiles
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas cortas sobre os contidos teóricos e prácticos revisados ao longo do curso, tanto nas sesións maxistrais, como nas prácticas de laboratorio. Este exame realizarase ao finalizar o bimestre. 50 A3
A4
C4
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas nos que se faga uso dos coñecementos adquiridos tanto nas sesións de teoría como de prácticas. Esta proba realizarase ao longo do bimestre, con entregas parciais nas datas indicadas polo profesorado. 20 A2
A4
B1
B2
C4
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumnado completará de forma individual cuestionarios e/ou informes de prácticas onde mostrarán a correcta realización e comprensión das prácticas. 30 A4
B5
C4
C6
C9
C15
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Seguindo as directrices propias da titulación ofertaranse a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única. 

Antes de que finalice a segunda semana do curso, os estudantes deberán indicar
ao profesorado da materia o sistema de avaliación elexido. Quen opte polo sistema de avaliación continua non poderá ser cualificado como "non presentado" se realiza unha entrega ou proba de avaliación con posterioridade á comunicación da súa decisión. 

Sistema de avaliación continua

A cualificación global da materia será igual á media aritmética ponderada das probas indicadas previamente. Para superar a materia a cualificación global debe ser maior ou igual que cinco. 

Sistema de avaliación única 

A cualificación global da materia será igual á media aritmética ponderada das probas indicadas previamante. Neste caso, a proba de resolución de problemas farase nunha única proba ao finalizar o bimestre. Para superar a materia, a cualificación global debe ser maior ou igual que
cinco. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE

A avaliación consistirá en realizar un exame de preguntas obxectivas, un exame de resolución de problemas e entregar os informes de prácticas de todas as prácticas realizadas ao longo do curso. 

OUTROS COMENTARIOS 

As puntuacións obtidas solo son válidas para o curso académico en vigor. 

O uso de calquera  material durante a realización dos exames e probas de avaliación deberá ser
autorizado explicitamente polo profesorado da materia. 

No caso de deteción de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será
de suspenso (0) e os profesores comunicarán o asunto á dirección da escola para que tome as medidas que
considere oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000