Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Conceptos e leis en ciberseguridade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas obxectivas O sistema de avaliación continua consistirá en tres exames escritos: os dous primeiros, de resolución de probas obxetivas parciais (“exames de preguntas obxectivas”, tipo test, aos que se refire este apartado da Guía), e o terceiro, de "resolución de problemas" (referido no seguinte apartado da guía).
Os exames correspondentes á "resolución de preguntas obxectivas", probas tipo test:
- celebraranse ao longo do curso, en horario de clase maxistral. A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Máster Interuniversitaria (CAMI) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.
- cada exame comprenderá a parte do temario que respectivamente se indique ao inicio do cuadrimestre por parte do coordinador da materia
- consistirán en probas tipo test, para cuxa cualificación, de 0 a 2,5 puntos cada
unha delas, as respostas correctas suman 0,1 e as incorrectas restanm 0,05, non puntuando as deixadas en branco
-Ámbolos dous exames ponderaranse ao 50% para a cualificación final, correspondendo o outro 50% á "resolución de problemas" (que se describe no apartado seguinte).
Para superar a materia polo sistema de avaliación continua é necesario que a
nota resultante dos tres exames, de acordo coa ponderación indicada, sexa igual ou superior a 5 puntos. Quen acuda á primeira proba parcial (ao primeiro exame de preguntas obxectivas, tipo test), manifestando así o seu interese por acollerse a este sistema de avaliación continua, será avaliado nesta oportunidade de acordo cos criterios previamente establecidos e non terá
dereito a ser avaliado mediante un exame final que constitúa o 100% da cualificación da materia. Polo tanto, realizada a primeira proba parcial, non é
posible renunciar ao sistema de avaliación continua. Se realizada a primeira proba
parcial, a alumna ou alumno non se presentase á seguinte ou seguintes, a
cualificación destas será de 0 puntos.
50 CB3
CE3
CE8
CT1
Resolución de problemas e/ou exercicios O sistema de avaliación continua consistirá en tres exames escritos: os dous primeiros, de resolución de probas obxetivas parciais (“exames de preguntas obxectivas”, tipo test, aos que se refire o apartado anterior da Guía), e o terceiro, de "resolución de problemas" (referido neste apartado da guía).
O devandito exame correspondente á "resolución de problemas":
- celebrarase na data oficial de exame final da convocatoria ordinaria: primeira
oportunidade, segundo o calendario oficial aprobado pola Comisión Académica do Máster no curso 2019-2020
- consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos e calificarase de 0 a 5
puntos
- Os problemas que plantexen os casos prácticos poden afectar a cuestións
comprendidas na totalidade do temario
-Ponderarase ao 50% para a cualificación final, correspondendo o outro 50% aos
dous exames anteditos de preguntas obxectivas, de tipo test.
Para superar a materia polo sistema de avaliación continua é necesario que a
nota resultante dos tres exames, de acordo coa ponderación indicada, sexa igual ou superior a 5 puntos. Quen acuda á primeira proba parcial, manifestando así o seu interese por acollerse a este sistema de avaliación continua, será avaliado nesta oportunidade de acordo cos criterios previamente establecidos e non terá dereito a ser avaliado mediante un exame final que constitúa o 100% da
cualificación da materia. Polo tanto, realizada a primeira proba parcial, non é
posible renunciar ao sistema de avaliación continua. Se realizada a primeira proba
parcial, a alumna ou alumno non se presenta á seguinte ou seguintes, a
cualificación destas será de 0 puntos.
50 CB3
CE3
CE8
CT1
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE

a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
Descríbese nos apartados anteriores.

b) SISTEMA DE EXAME FINAL

Para quen non opte polo sistema de avaliación continua, a avaliación da materia consistirá nun único exame final, na data
fixada no calendario oficial aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2020-2021.
O devandito exame, que comprenderá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da materia, constará de
dúas partes, unha teórica e outra práctica, que se cualificarán de 0 a 5 puntos cada unha delas. A parte teórica consistirá en
probas tipo test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o dobre que restan as incorrectas, non puntuando
as deixadas en branco. A parte práctica consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A cualificación final do exame
será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes.


2. SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

A avaliación da materia consistirá nun único exame final, na data fixada no calendario oficial aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2020-2021.
O devandito exame, que comprenderá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da materia, constará de
dúas partes, unha teórica e outra práctica, que se cualificarán de 0 a 5 puntos cada unha delas. A parte teórica consistirá en
probas tipo test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o dobre que restan as incorrectas, non puntuando
as deixadas en branco. A parte práctica consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A cualificación final do exame
será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000