Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Conceptos e leis en ciberseguridade
   Contidos
Tema Subtema
1. Introducción ao Dereito sobre ciberseguridade. Revisión das normativas en materia de seguridade informática e xestión de riscos. 1.1. A normativa da UE.
1.2. A Lei de Seguridade Nacional: a estratexia de ciberseguridade nacional e o esquema de seguridade nacional.
1.3. O Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016, “Regulamento Xeral de Protección de Datos” (RXPD). A Lei Orgánica de Protección de Datos e o Regulamento de desenvolvemento.
1.4. O Código Penal en materia de delitos informáticos.
2. Aproximación criminolóxica aos delitos informáticos. 2.1. Fontes estatísticas: principais organismos nacionais e internacionais.
2.2. Análise dos principais informes sobre cibercriminalidade.
2.3. Identificación dos principais recursos tecnolóxicos utilizados.
3. A vulneración da ciberseguridade a través de conductas delictivas. 3.1. Precisións terminolóxicas: delitos informáticos e cibercrime.
3.2. A utilización das TIC para cometer delitos e cando as TIC son o obxeto do delito.
3.3. O Código Penal español, LO 10/1995, de 23 de novembro, a Directiva Europea 2013/40/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de agosto de 2013, relativa aos ataques contra os sistemas de información, Convenio sobre cibercriminalidade ou Convenio de Budapest, do Consello de Europa, de 23 de novembro de 2001.
4. As principais conductas delictivas que afectan á ciberseguridade. 4.1. Delitos de descubrimento e revelación de segredos (I). Riscos frecuentes: ransomware e o roubo de información.
4.2. Delitos de descubrimento e revelación de segretos (II). Acceso e interceptación ilícita. O acceso a ficheiros ou soportes informáticos, electrónicos ou telemáticos. Especial atención ao responsable dos ficheiros ou soportes. A interceptación de transmisións de datos informáticos. A utilización de malware (virus, troianos e spyware).
4.3. Delitos de descubrimento e revelación de segretos (III). Producir, adquirir, importar ou facilitar programas informáticos para cometer os delitos anteriores, ou contrasinais de ordenador ou códigos de acceso.
4.4. Delitos contra a intimidade e o dereito á propia imaxe: o uso indebido de cookies.
4.5. Delitos contra a propiedade (I). Estafas valéndose dalgunha manipulación informática. Producir, posuír ou facilitar programas informáticos destinados a ese fin.
4.6. Delitos contra a propiedade (II). Defraudación utilizando sinal de telecomunicacións allea. Uso de terminal de telecomunicacións sen consentimento do titular.
4.7. Delitos contra a propiedade (III). Danos en datos informáticos, programas informáticos ou documentos electrónicos. Danos a sistemas informáticos. Danos a sistemas informáticos dunha infraestructura crítica (breve referencia aos operadores de infraestructuras críticas, aos plans de seguridade do operador e aos plans de protección específicos). Obstaculizar ou interromper o funcionamento dun sistema informático alleo. Fabricar, posuír ou facilitar a terceiros programas informáticos con tal fin. Especial referencia á responsabilidade penal das persoas xurídicas.
4.8. Delitos contra a propiedade intelectual e industrial. A través da prestación de servizos da sociedade da información ou a través dun portal de acceso a internet.
4.9. Delitos relativos ao mercado e aos consumidores. Descubrimento de segredos de empresa a través das TIC. Acceso intelixible a un servizo de radiodifusión sonoro ou televisivo, a servizos interactivos prestados a distancia por vía electrónica.
4.10. Delitos contra a fe pública: falsedades electrónicas.
5. Delitos cometidos contra as persos utilizando as TIC. 5.1. Delitos contra a liberdade. Ameazas e coaccións utilizando redes sociais ou outras TIC. Ciberstalking.
5.2. Delitos contra a liberdade e indemnidade sexuais. Child grooming e pornografía infantil.
5.3. Delitos contra a intimidade e a privacidade.
5.4. Delitos contra a honra. Lesión da reputación dixital.
6. O ciberterrorismo. 6.1. Concepto.
6.2. Delitos informáticos realizados cunha finalidade específica do art. 573 do Código Penal.
6.3. Delito de colaboración con organización ou grupo terrorista a través da prestación de servizos tecnolóxicos.
7. Delitos relativos á Defensa nacional e outros. Breve aproximación.
8. Análise da xurisprudenza española en relación con delitos informáticos. 8.1. Especial atención á jurisprudenza do Tribunal Supremo.
8.2. Acordos do pleno non xurisdiccional da Sala Segunda do Tribunal Supremo relativos a delitos informáticos.
8.3. O Ministerio Fiscal e a Fiscalía especialista en materia de criminalidade informática.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000