Guia docente 2021_22
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Seguridade en comunicacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Serán cualificadas como apto/non apto. O alumno será apto se asiste a todas as sesións deste tipo. Se por algún motivo perdera algunha, deberá suplila realizando algunha práctica complementaria que o profesor definirá no seu momento.
Nalgunhas das sesións/actividades poderase solicitar ao alumno un traballo autónomo adicional (e o seu informe asociado) que se avaliará cuantitativamente dentro do ítem máis xeral que denominamos "Prácticas autónomas a través de TIC"
0 CB2
CB4
CB5
CG5
CE4
CE8
CT4
CT5
Prácticas con apoio das TIC Os estudantes terán que realizar, ante os profesores, a demostración práctica que mostre a resolución dos distintos retos técnicos abordados, enfrontándose a preguntas sobre as solucións adoptadas e o seu grao de finalización. Esta defensa/entrevista terá lugar, por termo xeral, tras a entrega da última tarefa encargada e antes do periodo oficial de exames de cada convocatoria; consensuándose a data concreta entre alumnos e profesores con antelación suficiente.

Todo reto ou actividade autónoma esixirá un informe escrito, cuxa estrutura, composición e claridade terán o seu peso na valoración final.
40 CB2
CB4
CB5
CG5
CE1
CE4
CE8
CT4
CT5
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame escrito ao final do cuadrimestre, onde se avaliarán tanto os conceptos teóricos impartidos nas sesións maxistrais, como os fundamentos prácticos derivados das clases/traballos prácticos acometidos. 60 CB4
CE1
CE2
CE4
CT4
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O traballo autónomo do alumno deberá ser recollido nos informes de prácticas pertinentes, e a súa valoración formará parte da valoración integral daquel. 0 CB4
CG1
CG3
CT4
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia poderá seguir a canle de avaliación continua ou ben avaliación única. Un alumno elixirá avaliación continua ao entregar a solución e informe do primeiro reto ou traballo autónomo que se lle esixa durante o devir normal do curso. As porcentaxes expresadas no epígrafe anterior só reflicten o máximo conseguible en cada tipo de proba na modalidade de avaliación continua; e son só orientativos. A forma de avaliación detallada exprésase a continuación:

Para a avaliación continua (primeira oportunidade), a nota final será a media xeométrica ponderada entre a nota do traballo autónomo (TA, 40%) e a cualificación correspondente ao exame de preguntas de desenvolvemento (E, 60%). A nota TA será a media aritmética das cualificacións asociadas a cada un dos retos/prácticas autónomas que o alumno terá que resolver ao longo do cuadrimestre.

NOTA FINAL(EC)=(TA^0.4)x(E^0.6)

Se as prácticas de laboratorio foron cualificadas como non aptas, a nota será a mínima entre a nota do exame escrito (E) e 3.

Os alumnos que opten pola avaliación única deberán presentarse a un exame final que consistirá de tres partes: unha proba escrita análoga á proba de avaliación continua (E), unha proba de aptitude no laboratorio e un ou varios traballos prácticos (T). A nota final, neste caso, é a media xeométrica ponderada entre a nota de teoría (E, 80%) e o traballo práctico (T, 20%), coa condición de que se supere a proba de aptitude. Se o alumno non supera a proba de aptitude, a nota final será o mínimo entre E e 3.

NOTA FINAL(EU)=(T^0.2)x(E^0.8)

Finalmente, para a segunda oportunidade (xuño/xullo), o alumno poderá proseguir co modo de avaliación que xa elixira (conservándoselle a nota da parte -E ou TA/T- que superase, e afrontando unicamente a parte suspensa - con posibles modificacións nas especificacións dos traballos prácticos), ou encarar desde cero unha avaliación que terá as mesmas características que o exame final que acabamos de describir. A proba de aptitude só será necesaria se non asistiu a todas as sesións do laboratorio.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000