Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Seguridade da información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito. Resolución de cuestións, ejercicios ou problemas. 50 CB2
CB5
CE1
CE4
CE10
Resolución de problemas e/ou exercicios 2 ou 3 conxjuntos de problemas, exercicios ou cuestións ao longo do curso, para resolución individual polos estudantes. Entrega por escrito 20 CB2
CB5
CE1
CE4
CE10
Proxecto Desenvolvemento dun proxecto de implementación dun sistema de protección da información. Probas funcionais e de rendemento. 30 CB2
CB5
CE1
CE4
CE10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e avaliación única.

A avaliación continua consistirá na realización dun exame final (50% da cualificación) e no desenvolvemento de proxectos de enxeñaría a escala (50% da cualificación) que se presentará antes do último día hábil anterior ao período oficial de exames. A avaliación única consistirá na realización dun exame fina escrito (60% da cualificación) e no desenvolvemento de proxectos de enxeñaría a escala (40% da cualificación) que se presentará antes do último día hábil anterior ao período oficial de exames. As probas escritas das modalidades de avaliación única e continua non serán necesariamente iguais.

Os alumnos optarán por unha ou outra modalidade de avaliación ata a data do exame escrito do curso.

Quen non superen a materia na primeira oportunidade da convocatoria dispoñen dunha segunda oportunidade ao final do curso na que se reavaliarán os seus coñecementos cunha proba escrita ou se reavaliará o seu proxecto se se mellorou ou modificou. Os pesos de cada unha das probas (exame e proxecto) serán os mesmos que no período ordinario de avaliación conforme á modalidade que se elixiu.

A cualificación das probas só fornece efecto no curso académico en que se obteñan, con independencia do itinerario de avaliación escollido.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000