Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Xestión da seguridade da información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Cada alumno de forma individual realizará un traballo sobre un dos temas da materia a presentar no grupo A 10 CG1
CG2
CT4
CT5
Exame de preguntas obxectivas Exame de coñecementos teóricos e de desenvolvemento práctico 50 CG1
CG2
CE5
CE7
CE13
CT4
CT5
Estudo de casos
Desenvolveranse exercicios de casos prácticos sobre a análise de riscos e a realización de plans de seguridade
40 CB2
CB3
CE5
CE7
CE13
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes poden decidir ser avaliados segundo un modelo de avaliación continua ou ben de avaliación única. Tódolos alumnos que entreguen o primeiro dos estudos de casos están optando pola avaliación continua. Unha vez os estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non poderá ser nunca "Non presentado".

No modelo de avaliación continua a cualificación será o resultado de aplicar a media ponderada entre os resultados: (i) exame escrito (50%),  (ii) estudo de casos (40%) e (iii) traballo tutelado (10%).

No modelo de avaliación única a cualificación será o resultado de aplicar a media ponderada entre os resultados: (i) exame escrito (50%),  (ii) estudio de casos (50%).

Exame escrito:

Terá lugar nas datas publicadas no calendario oficial. Incluirá preguntas sobre os contidos e os casos prácticos.


Parte práctica:

1- Modelo de avaliación continua. Sendos informes de  2 casos prácticos e 2 avaliacións de informes de compañeiros que se entregarán nas semanas indicadas no documento que se facilitará aos alumnos o primeiro día de clase. Un informe será sobre análise de riscos e o outro sobre o desenvolvemento dun plan de seguridade (SGSI). Cada informe tenrá un peso na nota final do 15% e cada avaliación do 5%. Os informes desenvolveranse en grupo e todos os alumnos do mesmo grupo recibirán ea mesma cualificación. As avaliacións realizaranse de forma individual. Tamén é necesario realizar un traballo tutelado sobre un tema da asignatura a presentar no grupo A.

2- Modelo de avaliación única. Entrega individual de 2 informes dos dous casos prácticos na mesma data do exame escrito publicado no calendario oficial. Neste caso non se realizará a avaliación de informes de compañeiros e cada informe tenrá un peso na nota final do 25%.

Na avaliación en segunda oportunidade os estudantes serán avaliados utilizando a modalidade de avaliación única.

Si se detectase plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á dirección da escola para adoptar as medidas oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000