Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Xestión da seguridade da información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Cada alumno de forma individual realizará un traballo sobre un dos temas da asignatura a presentar no grupo A 10 B1
B2
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame de coñecementos teóricos e de desenvolvemento práctico 50 B1
B2
C5
C7
C13
D4
D5
Estudo de casos
Desenvolveranse exercicios de casos prácticos sobre a análise de riscos e a realización de plans de seguridade
40 A2
A3
C5
C7
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes poden decidir ser evaluados segundo un modelo de avaliación continua ou ben de avaliación única. Tódolos alumnos que entreguen o primeiro dos estudos de casos están optando pola avaliación continua. Unha vez os estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non poderá ser nunca "Non presentado".

A cualificación será o resultado de aplicar a media ponderada entre os resultados: (i) exame escrito (50%),  (ii) estudio de casos (40%) 3 (iii) traballo tutelado (10%).

Exame escrito:

Terá lugar nas datas publicadas no calendario oficial. Incluirá preguntas sobre os contidos e os casos prácticos.


Parte práctica:

1- Modelo de avaliación continua. Sendos informes de  2 casos prácticos e 2 avaliacións de informes de compañeiros que se entregarán nas semanas indicadas no documento que se facilitará aos alumnos o primeiro día de clase. Un informe será sobre análise de riscos e o outro sobre o desenvolvemento dun plan de seguridade (SGSI). Cada informe tenrá un peso na nota final do 15% e cada avaliación do 5%. Os informes desenvolveranse en grupo e todos os alumnos do mesmo grupo recibirán ea mesma cualificación. As avaliacións realizaranse de forma individual. Tamén é necesario realizar un traballo tutelado sobre un tema da asignatura a presentar no grupo A.

2- Modelo de avaliación única. Entrega individual de 2 informes dos dous casos prácticos na mesma data do exame escrito publicado no calendario oficial. Neste caso non se realizará a avaliación de informes de compañeiros e cada informe tenrá un peso na nota final do 25%.

Na avaliación en segunda oportunidade os estudantes serán avaliados utilizando a modalidade de avaliación única.

Si se detectase plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final da asignatura será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á dirección da escola para adoptar as medidas oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000