Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Implementación e Explotación de Equipos Electrónicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Desenvolveranse nos horarios fixados pola dirección do centro. Consisten nunha exposición, por parte do profesor, dos contidos da materia. Tamén se procederá a resolución de exemplos e/ou problemas que ilustren adecuadamente a problemática a tratar. O alumno poderá expor todas as dúbidas e preguntas que considere oportuno, durante a sesión. Propiciarase unha participación o mais activa posible do alumno.

Traballaranse as competencias CG7, CG3 e CE30/SE3
Prácticas de laboratorio Realizaranse exemplos prácticos de análise de confiabilidade de sistemas electrónicos de control, segundo normas. A análise realizarase con software específico para a aplicación.

Traballaranse as competencias CG7 e CG3
Resolución de problemas e/ou exercicios Nesta actividade docente exporanse problemas e/ou exercicios sobre problemáticas relacionadas co contido da materia. Tamén se utilizarán para por de relevo as dúbidas existentes e tamén para a realimentación ao profesorado sobre este aspecto.

Traballaranse as competencias CG7, CG3 e CE30/SE3
Traballos tutelados Consisten na realización de traballos concretos queestean relacionados co contido da materia e en colaboración con entidades externas, sempre que esta sexa posible.

Traballaranse as competencias CG7, CG3 e CE30/SE3
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000