Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Acondicionadores de Sinal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio Prácticas de execución de tarefas reais ou simulacións. Son probas nas que se avaliará o desempeño do alumnado sobre a base dos coñecementos amosados, o comportamento, organización e planificación durante a práctica, reflexión sobre os resultados obtidos, etc. 20 B1
B4
B8
C29
Traballo É un texto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. 10 B1
B4
B8
C29
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 20 B1
B4
B8
C29
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno/a debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor/a. Deste xeito, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 25 B1
B4
B8
C29
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun informe por parte do alumno/a no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos/as deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 15 B1
B4
B8
C29
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. 10 B8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira oportunidade: Avaliación continua

A avaliación
continua está formada polas catro partes seguintes:

    1.-Laboratorio (35%), que se divide en:

        Desenrolo das prácticas: seguimento
(10%) máis a proba práctica (10%).

        Informe das prácticas de laboratorio (15%).

    2.-Exames de teoría (45%), que se divide de
forma orientativa en:

        Preguntas de desenrolo (20%).

        Problemas (25%).

    3.-Traballo tutelado (10%), no que se
presentarán os resultados nun informe do traballo de grupo C.

    4.-Observación sistemática (10%). Terase en
conta, ademais dos aspectos mencionados na descrición, a participación do
alumno na realización das actividades propostas para o seu traballo autónomo e
a participación nas titorías.

A nota final, a
cal se puntúa sobre un máximo de 10 puntos, e a suma das notas de cada parte se
se cumpran as seguintes condicións:

    1.-Realizar un mínimo do 80% das prácticas de
laboratorio.

    2.-Obter unha puntuación mínima do 40% na
avaliación de laboratorio, nos exames e no traballo tutelado.

Se non se cumpre
algún dos requisitos anteriores, a nota final será a suma das notas de cada
parte, pero limitada a un 40% da nota máxima (4 puntos). Os alumnos que non
acaden unha puntuación mínima do 40% na avaliación de laboratorio, nos exames e
no traballo tutelado na avaliación continua poderán recuperalos nas probas da
segunda oportunidade mantendo as porcentaxes da avaliación continua.

Para aprobar, os
alumnos deben obter unha puntuación total igual ou superior ao 50% da nota
máxima (5 puntos).

A proba práctica
realizarase nunha das últimas sesións de laboratorio. As probas de preguntas de
desenrolo e de problemas dividiranse en dúas sesións repartidas ao longo do
período de docencia da materia.

2. Primeira oportunidade: Exame final

Os alumnos que
non opten pola avaliación continua (non realizasen, polo menos, o 80% das
prácticas) poderán presentarse a un exame final.

O exame final
consistirá nunha proba práctica e nunha teórica, cada unha correspondente ao
50% da nota total. Para aprobar deberá obter un mínimo do 40% en cada parte e
sumar en total, como mínimo, 5 puntos.

Os alumnos de
avaliación continua que teñan pendente superar o mínimo dalgunha parte poderán
facelo no exame final. Se non acadaron o mínimo no traballo tutelado, terán de
data límite para presentar a melloras propostas ate o exame final.

3. Segunda oportunidade

Na segunda
oportunidade a avaliación será coma a do exame final da primeira oportunidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000